Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 09 de Marzo de 2026 a las 20:17:03 horas

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Septiembre de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Nigrán contará autobús entre as parroquias de Chandebrito e Panxón co apoio da Xunta

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinará un convenio co Concello para complementar os servizos da concesión de autobús interurbano cunha nova liña de interese municipal

A Xunta colabora co Concello de Nigrán para a posta en marcha de novos servizos de autobús entre as parroquias de Chanderbrito e Panxón, que empezarán a operar na segunda quincena de outubro.

 

Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Nigrán, activarase unha nova liña cun servizo de interese municipal, que amplía a cobertura do transporte público entre os núcleos de poboación do concello de Nigrán, como complemento na actual concesión de autobús interurbano.

 

As melloras introducidas nos servizos de transporte público na zona dan resposta ás necesidades de mobilidade detectadas e son froito do traballo conxunto entre a Xunta e o Concello de Nigrán para a creación dunha liña interna que enlaza as distintas parroquias e lugares de interese do termo municipal.

 

 

 

 

Haberá 3 expedicións de ida e 3 de volta de luns a venres durante todo o ano entre Chandebrito, Nigrán e Panxón

 

 

 

 

 

No referido aos novos servizos, prevese a creación dunha nova liña para atender a ruta Chandebrito-Nigrán-Panxón que contempla dúas configuracións e paradas nos itinerarios de ida e de volta.

 

A nova liña ofrecerá 3 expedicións de ida e 3 de volta, que estarán operativas de luns a venres, agás festivos, durante todo o ano. No traxecto Chandebrito-Nigrán-Panxón, os horarios serán: 7:45, 14:00, 16:15 horas, e  no sentido de volta, os servizos terán os seguintes horarios: 10:30, 15:15 e 20:40 horas.

 

Así, a nova liña atende 15 paradas nas que destacan, pola súa afluencia de persoas viaxeiras, a localizada no Parque Empresarial Porto do Molle e a parada no Centro de Saúde do Val Miñor. Ademais, créase unha nova parada, Vilariño (Colexio Carlos Casares) coa que se lle dá resposta ás necesidades da cidadanía.

 

Toda a información relativa aos cambios nos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.54

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.