REDONDELA
Digna Rivas, anfitrioa do xantar socialista de Redondela
Ao acto acudiron Abel Caballero, Valentín Formoso, Carmela Silva e David Regades, entre outros alcaldes e representantes da política socialista de toda Galicia. A intención da reunión do pasado domingo era presentar o traballo feito polo Partido Socialista de Redondela durante os últimos tres anos de mandato na Vila e apoiar o proxecto político de Digna Rivas para afrontar as municipais de 2023
Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, recibiu no Pazo de Vilavella aos principais representantes do socialismo en Galicia, nun xantar que destacou pola unidade e o discurso de esperanza e forza política de cara as municipais de 2023.
O acto comezou cunha serie de discursos de apoio e admiración ao traballo realizado por Rivas e a súa equipa. Abriu o acto o secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra, David Regades, seguido por Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG-PSOE e Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e rematou co discurso de Rivas, no que deixou clara as intencións políticas do seu partido e os proxectos futuros para seguir transformando Redondela.
En palabras de Digna Rivas, “hai case tres anos e medio, falabamos da necesidade e importancia dun cambio de rumbo no Concello de Redondela. Da urxencia dun cambio de goberno que devolvera ao municipio a importancia social, económica e política. Falabamos da necesidade de transformar Redondela para que fora un municipio con futuro. Hoxe, tres anos e medio despois, podemos dicir con orgullo que así o fixemos”. O discurso foi seguido de 3 mintuos de aplausos.
Este evento serviu como presentación dos proxectos futuros e o exitoso plan orzamental dos últimos anos, nos que piorizaron as obras sociais e á cidadanía, incluíndo no plan a todas as parroquias do municipio. Digna Rivas destacou: “Este Goberno foi quen, pese a oposición desbocada, de sacar adiante os Orzamentos 2022, unhas contas históricas para Redondela de máis de 20 millóns de euros. A aprobación non foi unha casualidade ou unha cuestión de sorte. Foi froito da política de consenso, entendemento e diálogo que sempre caracterizou a este Goberno e a esta alcaldesa”.
Abel Caballero, como referente da política municipal, xunto con Valentín González Formoso e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, expresaron nos seus discursos o seu apoio absoluto a alcaldía de Rivas e a súa equipa.
O novo lema ‘Sempre con Redondela’, “resume e expresa todo. Resume un compromiso pero expresa tamén a firme vontade de poñer a veciñanza por enriba de todo e o seu benestar como máxima prioridade. Así o fixemos e así o seguiremos a facer”, rematou expresando Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17