Galicia
A Xunta reclama ao Goberno Central unha reforma unha Lei que poña freo á ocupación de vivendas
A Xunta de Galicia volveu reclamar hoxe ao Goberno central que actúe de forma eficaz e contundente para frear o fenómeno da ocupación de vivendas impulsando unha reforma lexislativa que, entre outras cuestións, endureza as penas contra os responsables deste tipo de accións e garanta a máxima axilidade á hora de desaloxar os inmobles ocupados.
Esta foi a principal demanda que lle trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, con quen se reuniu por primeira vez desde que asumiu o cargo, hai ano e medio.
Despois de subliñar a necesidade de traballar desde as administracións públicas para ofrecer un marco xurídico estable e duradeiro fronte ao fenómeno okupa, Ángeles Vázquez fixo fincapé na dimensión social do problema, que afecta non só aos propietarios dos inmobles, senón tamén á veciñanza dos barrios e zonas que concentran un maior número de casos e á sociedade en xeral, xerando inquedanza e inseguridade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186