Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Sábado, 01 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Rapazas e rapaces tomiñeses recollen máis de 140 quilos de lixo

Case 150 participantes da Comunidade Terapéutica Alborada, CEP Pedro Caselles, CEIP Plurilingüe Tebra e dun ciclo medio e FP Básica do IES Antón Alonso Ríos participaron na xornada de limpeza nos ríos Briña, Pego, Cereixo e da Pedra

Tomiño móllase polos ríos con máis forza que nunca. Case 150 rapaces e rapazas participaron esta semana nunha nova edición da limpeza simultánea de retirada de lixo á beira do río posta en marcha ao abeiro do Proxecto Ríos, coordinado pola asociación ecoloxista Adega, coa que se buscaba concienciar á sociedade de manter limpos de residuos os cursos fluviais do municipio.


O Concello decidiu trasladar a xornada ao luns na procura dunha maior implicación da mocidade tomiñesa, un cambio de data que foi todo un éxito de convocatoria e na que finalmente achegaron o seu gran de area membros da Comunidade Terapéutica Alborada, persoas voluntarias inscritas na web do Concello e alumnado de distintos centros tomiñeses. Participaron estudantes Do CEP Pedro Caselles, do CEIP Plurilingüe de Tebra, de primeiro e segundo do ciclo medio de ‘Aproveitamento e conservación do medio natural’ e de 1º e 2º de FP Básica de ‘Agroxardinaría e composicións florais’.

 

En total foron máis de 140 quilos de lixo retirados, especialmente plásticos, latas e cartóns, tras percorrer durante a mañá por rutas próximas os ríos Cereixo (zonas da Briña, da Estoca e da Pedra) e Pego.

 

A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, agradece a todo o alumnado participante, así como ao profesorado, “a súa implicación con iniciativas que nos axudan a coidar a nosa contorna e a ter un concello máis limpo. Que nenos, nenas e mocidade acheguen o seu gran de area e se conciencien da importancia de coidar o noso medio ambiente é vital, porque o presente e o futuro está nas súas mans”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.