GALICIA
A nova Lei de áreas empresariais de Galicia permitirá axiliza a creación de solo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda interveu no pleno do Parlamento no que se debateu e votou a nova normativa
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou que a nova Lei de áreas empresariais de Galicia, pioneira a nivel estatal, creará riqueza xa que permitirá axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo industrial.
A nova normativa, aprobada co voto a favor dos grupos parlamentarios socialista e popular, ten como obxectivo asentar futuro dotando a Galicia de espazos empresariais competitivos, funcionais e totalmente equipados, garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e a actividade económica.
Cómpre salientar que esta lei era necesaria para poder unificar nun só texto todo o marco normativo; dispor de planificación de solo a longo prazo; facilitar a execución das áreas empresariais por fases, en atención á demanda existente; axilizar as modificacións na ordenación dos parques, e reforzar a xestión e conservación destas zonas industriais.
A normativa aprobada hoxe ten como obxectivo dotar a Comunidade de espazos empresariais competitivos, funcionais e totalmente equipados, garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e a actividade económica
Para cumprir eses obxectivos, a nova normativa inclúe a creación de figuras como as reservas estratéxicas de solo e os plans estruturantes, que permitirán reducir de 21 a 9 meses a aprobación dun proxecto de urbanización. E, ademais, redóbrase a aposta polos Concellos Emprendedores, dándolle rango de lei a esta figura que conta xa con 152 municipios adheridos e que supón importantes beneficios no eido do emprego, o comercio local ou a industria.
A Lei de áreas empresariais será unha norma clave nun momento no que, logo de dous anos de pandemia, é necesario reactivar a economía galega, xerar emprego estable e de calidade, consolidando a Comunidade como un territorio atractivo para que as empresas se implanten.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108