GALICIA
A Xunta reforza os servizos de autobús con 4.000 prazas para cubrir a demanda
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade interveu esta tarde no Parlamento de Galicia
A Xunta reforza os servizos de autobús autonómico en máis de 4.000 prazas para cubrir a demanda das fins de semana deste mes de setembro e en 1.500 prazas adicionais entre semana para responder ás necesidades de desprazamentos dos usuarios do transporte público de Galicia, incrementadas polos descontos que se aplican desde o 1 de setembro.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou que as bonificacións do 50% que se están a aplicar desde o 1 de setembro nos autobuses autonómicos están a provocar un efecto chamada, que se traduce nun forte incremento da demanda.
Incidiu en que, ata o momento, eses descontos están sendo asumidos integramente pola Xunta, xa que o Goberno de España nin transferiu os fondos necesarios, nin concretou o importe, nin tampouco a data de pago.
Estes descontos estanse a aplicar nas máis de 3.400 liñas autonómicas, pero tamén no transporte marítimo da ría de Vigo e no tren na comarca de Ferrol, ademais de nos autobuses urbanos de Ferrol e de Pontevedra, cidades nas que a Xunta presta ese servizo, pese a ser competencia municipal.
Ethel Vázquez subliñou que, só na 1ª quincena de setembro, o importe das bonificacións aplicadas no autobús da Xunta ascenden a preto de 1 millón de euros e teñen impulsado un crecemento no uso do autobús do 40% con respecto ao mesmo período do pasado ano.
Falta de alternativa ferroviaria
A conselleira detallou que os descontos están a incidir, especialmente, nun incremento da demanda nas conexións nas que non hai alternativa ferroviaria, como o traxecto A Coruña- Ferrol, onde a Xunta aumentou 100 prazas nas expedicións de hora punta.
Criticou que o Goberno de España, a pesar das reiteracións da Xunta, aínda non recuperou a día de hoxe a totalidade dos servizos ferroviarios tras a pandemia, negándolles aos usuarios unha alternativa competitiva e fiable.
Lamentou, tamén, a improvisación do Executivo central fronte ao previsible incremento da demanda ante a gratuidade do servizo, o que esta a xerar caos nas estacións e moitos inconvenientes e molestias ás persoas que empregan diariamente o tren para desprazarse diariamente aos seus lugares de traballo e de estudo.
Ethel Vázquez lamentou que o Goberno de España trate de ocultar a súa ineficiencia e falta de planificación, e que as súas solucións sexan pedirlle aos usuarios do tren que eviten as horas punta, botándolle incluso a culpa dos fallos dun sistema de reservas que depende exclusivamente de Renfe.
Neste sentido instou ao Goberno de España a ir máis alá dunha rebaixa de 4 meses nos servizos de tren, co restablecemento das frecuencias que aínda non se recuperaron tras a pandemia, ofrecendo servizos eficientes, e mobilizando investimentos en infraestruturas que permitan modernizar a rede ferroviaria, ademais de dotar as cidades galegas dos trens AVRIL que comprometeu para este verán e aínda non sabemos cando van estar.
Seguimento continuo
A conselleira reiterou que a Xunta realiza unha permanente análise e revisión das 3.400 liñas activas e dos 1.800 autobuses que percorren o territorio galego.
Puxo como exemplo os axustes efectuados entre o venres 16 e o domingo 18 de setembro, ofertando 4.012 prazas máis en 33 expedicións: Santiago- Vigo, Santiago-Sarria, Santiago-Vigo, Vigo-Pontevedra, Santiago-Lugo, Ourense-Vigo e Vigo-Ourense.
No itinerario A Coruña-Ferrol e Ferrol-A Coruña, precisou que se sumaron 385 prazas máis ás 463 existentes, ofertando 848 en total; e na ruta Ourense-Vigo e Vigo-Ourense, 7 autobuses de reforzo aos 14 existente, ata chegar a 326 prazas.
Aposta da Xunta polo transporte público
Ethel Vázquez contrapuxo esta situación de carencias nos servizos de ferrocarril, por parte do Goberno estatal, coa aposta que a Xunta vén materializando para que o autobús sexa a principal alternativa de mobilidade para a maioría dos galegos.
Para isto, subliñou que a Xunta inviste cada ano 80 millóns de euros co fin de permitir que o autobús chegue a máis sitios, teña máis conexións e frecuencias e dispoña dos reforzos necesarios para atender axeitadamente a demanda.
Incidiu en que a Xunta fai un seguimento continuo dos servizos de autobús que presta, implementando melloras alí onde son necesarias para atender axeitadamente a demanda.
Ethel Vázquez Mourelle destaca o efecto chamada das bonificacións do 50% activas desde o 1 de setembro no autobús autonómico, cuxo custo está a asumir a Xunta integramente ante a falta de previsión do Goberno de España
E iso mesmo tamén no transporte escolar, que cada día traslada a 80.000 estudantes de 774 centros, con 1.600 rutas e 14.000 paradas.
Indicou que as 127 concesións de transporte público activas a través das máis de 3.400 liñas de transporte interurbano permiten chegar a máis lugares e ofrecer máis conexións, , con máis de 55.000 paradas; con 1.800 autobuses circulando que ofrecen 2,35 millóns de expedicións ao ano; case 3 millóns de viaxeiros trasladados nun mes; e 23 millóns de horarios.
Neste sentido, remarcou que desde o ano 2016 as catro provincias galegas duplicaron o número de liñas, paradas e servizos.
Tamén apuntou que 130.000 mozos viaxan gratis no autobús interurbano grazas á tarxeta Xente Nova, tendo bonificado ata agosto case 2,9 millóns de viaxes cun investimento de 4,7 millóns de euros.
Destacou que a tarxeta Xente Nova contribúe á economía das familias, xa que reporta un aforro medio anual que rolda os 1.000 euros, podendo acadar os 1.800 euros anuais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186