Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 02 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Patricia Mariño será cabeza de lista do BNG Salvaterra para as municipais

A Asemblea Local do BNG en Salvaterra de Miño elixiu por consenso e unanimidade a candidatura de Patricia Mariño Rodríguez, como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais de 2023.


Mariño asume o reto de encabezar o BNG Salvaterra co obxectivo claro de que “este grupo sexa unha forza determinante na configuración do próximo goberno que saia das urnas”, indica a avogada salvaterrense.

 

Perfil persoal
Patricia Mariño naceu en Fiolledo, realizou os estudos básicos na vila veciña de Ponteareas, licenciouse en dereito na Universidade de Vigo e fixo un mestrado en práctica xurídica, especializándose en laboral.
É unha muller exemplar e polivalente que concilia a vida familiar en Fiolledo ao tempo que exerce de avogada na CIG, onde defende con tesón os dereitos da clase traballadora.


No plano político, Mariño exerce de Concelleira  con paixón e constancia dende 2007. Dende comezos deste ano tamén o fai como portavoz.


Soña cunha Salvaterra “economicamente solvente, cunha Atención Primaria e Servizos Sociais a altura do que precisa Salvaterra, con servizos básicos de calidade nas 17 parroquias e coa posta en valor do amplo tecido asociativo do noso Concello”, destaca.

 

Amamos Salvaterra

Co gallo da presentación da cabeza de lista, o BNG Salvaterra aproveita para presentar o que será o seu slogan  para a campaña das eleccións municipais de 2023: Amamos Salvaterra.  “Unha frase concisa, coa que queremos dar a saber a todas e todos os salvaterrenses que buscamos, dende o corazón, mais con cabeza, o mellor para esta vila”, explican dende a formación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.