Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 03 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Adxudicada a redacción do proxecto de ampliación da depuradora da Moscadeira

ACUAES autorizou a súa adxudicación por 8 millóns de euros

Ponteareas continúa avanzando na ampliación e reforma da súa depuradora. O consello de administración de Aguas de las Cuencas del Estado, ACUAES, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, adxudicou a semana pasada por 8 millóns de euros o contrato para a redacción do proxecto, execución e posta en marcha das obras de mellora da estación depuradora da Moscadeira. Entre as catro ofertas presentadas, ACUAES seleccionou finalmente á UTE Pesa Medioambiente S.A. – S.A. de obras y servicios, COPASA.


A partir de agora o prazo previsto para que Ponteareas conte coa nova depuradora é de 30 meses, xa que inclúe cinco meses para a redacción do proxecto construtivo, 19 meses para a execución de obra e outros 6 meses para a posta en marcha das instalacións.


O Concello amosa a súa satisfacción por este novo paso para que Ponteareas dispoña dunhas instalacións que, como explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, son “imprescindíbeis para solucionar dous grandes problemas históricos da nosa vila, como é a falta de saneamento no rural ou a contaminación do río Tea”.


A actuación, que foi declarada de interese xeral do Estado e beneficiará a unha poboación de 20.000 habitantes equivalentes, ten por obxectivo aumentar a capacidade da actual EDAR da Moscadeira, mellorar a calidade das verteduras que se producen ao río Tea sen o correcto tratamento e mellorar o saneamento do municipio coa construción de dous colectores e a limpeza do último tramo do Colector Interceptor do Río Xinzo, xa construído.


Tras a adxudicación levaranse a cabo os traballos de rehabilitación e ampliación da obra de chegada e pretratamento; ampliación da capacidade de tratamento do reactor biolóxico; execución dun novo decantador secundario; a adaptación da liña de auga ao novo caudal previsto con canle de desinfección final con raios ultravioleta e un novo centro de transformación de 630 KV.


Cun investimento total de 14,1 millóns na depuradora e os colectores, segundo recolle o convenio entre Concello, ACUAES e Xunta de Galicia, este proxecto suporá “o maior investimento feito nun equipamento municipal tras varios anos de conversas e xestións que remataron nun exemplo de colaboración e entendemento entre institucións polo ben de Ponteareas e da súa veciñanza”. En canto aos colectores, o proxecto está redactado e en trámite de aprobación, agardándose que poidan ser licitados a finais de 2022 ou inicios de 2023.


As obras están cofinanciadas ao 50% polo Estado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER 2014-2020, dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE); ao 30% polo Concello de Ponteareas e ao 20% pola Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.