PROVINCIA
O PSdeG-PSOE presenta a súa proposta de Lei galega do xogo
David Regades denuncia que a Xunta leva dende 2016 anunciando unha lei que nunca chega “e, curiosamente, agora anuncian un borrador atropeladamente, porque o próximo martes debátese o texto socialista”
O Parlamento de Galicia debaterá o próximo martes a proposta de Lei do Xogo de Galicia, elaborada polo grupo socialista para forzar á Xunta a saír da súa parálise neste eido. A proposta foi presentada en Redondela nun acto presidido polo secretario xeral provincial, David Regades, acompañado do relator do texto legal, o deputado Julio Torrado, e pola alcaldesa redondelá, Digna Rivas.
David Regades denunciou que dende que estas competencias foron transferidas polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en 1985 a pasividade marca toda a política autonómica. Engadiu que en 2016 o PP anunciou un proxecto de Lei do Xogo que, seis anos despois, segue sen coñecerse. Curiosamente, engadiu o secretario xeral provincial das/os socialistas, ao mesmo tempo que o PSdeG consegue elevar a súa propia proposta ao Parlamento galego, a Xunta sae da súa atonía e anuncia, atropelladamente, un proxecto que copia parcialmente o texto socialista, aínda que relaxando as obrigas para os locais de xogo. “Tan só por iso, por sacar ao PP da súa parálise, xa mereceu a pena”. “Hai que poñer portas a este disparate de que se poidan abrir salas de xogo ao lado dos colexios”, conclúe.
Digna Rivas, pola súa banda, agradeceu este traballo do grupo parlamentario socialista e tamén a escolla de Redondela para a súa presentación, pois esta localidade deu un exemplo de mobilización social, hai ben pouco, en 2019, para opoñerse á apertura dunha casa de apostas. Rivas lamentou que daquela foi imposible parar aquela sala “porque non existía unha lei como esta”.
Julio Torrado destacou que a proposta socialista foi nomeada como “norma Redondela” en homenaxe a aquela loita dun concello que se viu imposibilitado a parar a instalación dun local de xogo “por falta de soporte legal e porque de ter negado a licenza estaría prevaricando”. Unha proposta completa de lei que está revisada por asociacións de persoas que padeceron ludopatía, profesionais e investigadores/as en materia de conductas aditivas. O texto regula xogos de loterías e boletos, casinos, bingos, máquinas recreativas e de azar, máquinas de apostas e establecementos nos que se poidan instalar estes dispositivos, incluídos os de hostalería. A prevención e a protección dos menores é o seu eixe vertebrador.
Julio Torrado, relator da proposta, subliña o carácter progresista dunha norma que permitiría aos concellos declarar “zonas saturadas” e protexer adecuadamente ás/aos menores
A proposta impediría que os locais de xogos e sitúen a menos de 850 metros dos centros educativos ou de centro de tratamento de persoas con afectacións polo xogo patolóxico. Ademais, prohibiría que os locais estivesen a menos de 500 metros entre si. Os concellos, ademais, poderían declarar urbanisticamente “zonas saturadas” para impedir a concesión de máis licenzas.
Os locais non poderían ter xogos infantís como reclamo, nin salas anexas para os cativos. Deberán ser exclusivos para adultos e evitar calquera proximidade ou interacción cos/coas menores. En canto aos bares e cafeterías limitaríase o número de máquinas de aposto/xogo a unha, a elixir entre tódalas que ofrece o mercado. Ademais, este tipo de máquinas requirirían do uso do DNI electrónico para a súa activación.
Finalmente, a lei socialista obrigaría a que os ingresos públicos por sancións neste ámbito, así como o 1% da recadación por taxas e impostos, se dedicase a labores de prevención e tratamento, con especial atención ás persoas máis novas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108