Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 06 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
OIA

Oia reclama á distribuidora eléctrica UFD melloras urxentes

Durante estes últimos meses, o tramo da rede de distribución eléctrica que vai pola zona da costa do concello de Oia sufriu varios cortes no subministro, que causaron graves perdas á hostalaría da zona. Recentemente foron trasladadas estas queixas á alcaldesa, Cristina Correa, quen con carácter inmediato solicitou unha reunión urxente co delegado de UFD (Unión Fenosa Distribución). Así mesmo, requiriulle á empresa que, con carácter previo á xuntanza, analizara as causas dos cortes sufridos este ano e as medidas a tomar para evitar que esta situación se repita.

 

Ambas partes reuníronse o pasado venres 23 de setembro, nun encontro no que participaron a rexedora oiense, o delegado de UDF en Pontevedra, Francisco Ramos, e o xefe de operacións en Vigo, Marco Gelpi; a fin de analizar as causas sufridas e as melloras a implementar por farte da compañía para evitar que se sigan producindo cortes que tanto prexuízo causan.

 

Desde UFD anunciaron que se van a priorizar e intensificar as obras de mellora e adecuación da rede de distribución eléctrica no Concello.

 

Neste sentido, a distribuidora comprometeuse a adiantar a substitución de determinados equipos, así como a intensificar as labores de tala e poda, tanto na liña principal do Rosal, como na liña de apoio de Gondomar. Os traballos de tala e poda selectiva consisten, principalmente, en labores de limpeza nas zonas de servidume das liñas eléctricas para garantir as maiores condicións de seguridade para as infraestruturas de subministro eléctrico e asegurar a calidade e a accesibilidade da rede, evitando posibles incidencias por acumulación de masa forestal nas zonas próximas ás redes de distribución.

 

 

Finalmente, a compañía comprometeuse a realizar todas as accións necesarias para minimizar as incidencias no municipio de Oia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.