Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Lunes, 03 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

SmartPeme comeza o mes de outubro con cinco novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre ciberseguridade, márketing, posicionamento web, Blockchain e promoción de Tours

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como a ciberseguridade e a suplantación de identidade, o márketing de contidos, a mellora do posicionamento web con Google, o funcionamento de Blockchain ou técnicas de márketing para a promoción de Tours.

 

Este luns 3 de outubro, Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o obradoiro “Ciberseguridade, Ransomware e a suplantación de identidade”. Este curso ten como obxectivo dar a coñecer o Ransomware, así como o ciberataque máis popular actualmente, a suplantación de identidade. Freire tamén conducirá un dos cursos impartidos na xornada do xoves 6, “Blockchain, metaverso” que completará a formación dunha serie de 4 actividades e nela falarase sobre o Metaverso, para que vai servir e cal e o seu desenvolvemento.

 

O martes 4, ás 12.00 horas, terá lugar vía Zoom “Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia” un taller centrado nos horarios adecuados para postear ou de como dirixirnos aos nosos clientes para acadar un maior engagement. Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas será quen o dirixa.

 

A xornada do mércores 5 estará conducida pola experta en Comunicación Corporativa, María Aller, coa acción “Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console”. Centrarase en descubrir como manexar as ferramentas que Google Search Console pon a disposición de emprendedores/as para optimizar as súas páxinas web.

 

O peche da semana de obradoiros será o xoves 6 de outubro pola tarde, co taller “Técnicas de márketing para a promoción de Tours” dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas ou poboación local. A guía desta derradeira acción será Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.91

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.