Lunes, 04 de Mayo de 2026

Actualizada Domingo, 03 de Mayo de 2026 a las 14:02:08 horas

Xornal21.es
Sábado, 08 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP reclama á Deputación unha axuda para as traídas de augas xestionadas por comunidades de usuarios

Recordan que no rural o 90% das traídas de auga están xestionadas por estas entidades

O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra crear unha liña directa de axudas para as traídas de auga xestionadas por comunidades de usuarios, que no rural supoñen un 90% dos casos. O voceiro Jorge Cubela explicou no último pleno que moitos concellos teñen dificultades para poder acollerse ao plan provincial de axudas contra a seca, porque se exclúe ás traídas de auga veciñais, a pesar de que son as que dan servizo a unha parte importante do rural e é a solución máis eficiente para abastecer a poboacións máis alonxadas.

 

“Redactar as bases sen diálogo e sen coñecemento da realidade da provincia provoca este tipo de circunstancias, aprobar unha liña de axudas que van deixar atrás a moitos concellos e traídas de auga do rural”, explica Cubela. Di que esta non é unha situación exclusiva nin de un concello nin de dous, senón que afecta a unha parte importante do rural da provincia, desde Cerdedo-Cotobade ata Tomiño, Mos, As Neves, Cangas, Gondomar, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tui, etc.  Por iso, insiste en que é necesario articular unha liña de axudas por concorrencia competitiva para as traídas xestionadas por comunidades de usuarios.

 

Os populares sinalan que outras deputacións provinciais, incluso a propia Deputación de Pontevedra ata 2015, dan este tipo de axudas, e mesmo tamén a Xunta de Galicia ten aprobada unha liña de axudas para as comunidades de augas. “Pódese facer e é necesario facelo”, insiste o popular.

 

Por último, Cubela recorda que a competencia de subministro de auga é local e, polo tanto, tamén é competencia da Deputación de Pontevedra prestar asistencia aos pequenos e medianos concellos da provincia en materia de saneamento e abastecemento de auga. “As deputacións están obrigadas por Lei a auxiliar aos concellos neste ámbito”, insiste.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.