Jueves, 30 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 29 de Abril de 2026 a las 22:35:36 horas

Xornal21.es
Lunes, 10 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Once mulleres tudenses amosan “O despertar dos sentidos”

Estará aberta ao público ata o día 31 de outubro na Oficina Municipal de Turismo de Tui

Ven de inaugurarse na Oficina Municipal de Turismo de Tui a exposición “O despertar dos sentidos” organizada pola Asociación Cultural Tyde coa colaboración do Concello de Tui. Presenta a obra pictórica de once mulleres pertencentes a Asociación Cultural Tyde.


María Fernández, María Garrido, Emilia González, Teresa Ruano, Isabel G. De Haro, Conchi Alonso, Mª Carmen Baquero, Fina Saa, Mª José Rodríguez, Loli González e Pilar Pereira amosan os seus cadros nos que plasman dende paisaxes ata bodegóns e dende retratos ata imaxes abstractas. A técnica empregado na maioría é a acuarela.


Así, a exposición recolle as obras das once pintoras que forman parte da Asociación, que, sen ser exclusivamente feminina, polo de agora non conta con ningún home pintor.


No acto inaugural estiveron  o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo felicitar ás artistas salientando o seu traballo e a súa actividade. Di o rexedor que, á marxe do sentido cultural, tamén é salientable a súa acción en canto tecido asociativo, que aporta ese sentido máis social.


Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, felicitou ás integrantes deste colectivo pola creación de “rede”, ao tempo que as felicitou polas obras que agora presentan publicamente.


A Asociación Cultural Tyde está conformada por un grupo interxeneracional, coa integrante máis nova de 14 anos. Reúnese cada martes no baixo do edificio da Seguridade Social, fronte á igrexa da Misericordia, onde pode achegarse en horario de mañá ou tarde calquera interesado ou interesada, xa que aínda que na actualidade está conformada so por mulleres está aberta tamén á participación masculina.  


A exposición “O despertar dos sentidos” está aberta na Oficina Municipal de Turismo de Tui ata o 31 de outubro, en horario de 9:30 h a 14 h e de 16 h a 19 h de luns a domingo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.