

O vindeiro xoves, 6 de outubro, de 10.00 horas a 12.00 horas celebrarase a Mesa Sectorial ‘GPS ao emprego’ contando coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.
A iniciativa atópase incluída no Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos e será conducida pola súa directora, Cecilia Prieto.
Desenvolverase no espazo colaborador ZEN SUITE & GARDEN, dirixido por un emprendedor mosense cunha ampla experiencia e longa traxectoria empresarial.
Participan na mesa 5 importantes empresas do municipio, representadas polos seus respectivos responsables de recursos humanos e selección de persoal:
Estas cinco empresas locais contarán as claves dos seus procesos de selección, o seu sistema de navegación do emprego. A continuación da mesa redonda realizarase un “Coffee-Break" participativo.
Por un legado azul
Guía de Servicios Municipais en MOS - Información e Trámites
Cementerio Municipal de Mos
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.