GALICIA
A Xunta avalará o 20% na compra de vivenda dos xoves
O presidente da Xunta interveu no Parlamento de Galicia para explicar as medidas en materia de vivenda do Goberno galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe no pleno do Parlamento de Galicia o compromiso do Goberno galego coa emancipación da xente moza, a través do aval do 20 por cento que se lle vai conceder na compra da vivenda, “porque a emancipación é un soño se non se ten vivenda”, argumentou.
Na súa intervención sobre as políticas de vivenda da Xunta de Galicia, Rueda salientou a importancia deste novo aval, xa que advertiu de que, ata o de agora, moita xente nova “non podía acceder a unha vivenda porque non chegaba a este 20 por cento”. Deste xeito, a mocidade galega que queira comprar un piso non terá por que poñer ningunha entrada, xa que o Executivo galego avalará o importe que habitualmente non cobran os bancos, o que axudará os mozos menores de 36 anos a acceder a súa primeira vivenda. O presidente explicou que esta medida forma parte das “políticas reais” que están a levar a cabo o Goberno galego ante unha materia que lle “preocupa moitísimo”.
Así, remarcou as axudas para facilitar a adquisición dunha vivenda de protección autonómica nova ou rehabilitada, que se lanzaron por primeira vez en 2021 e que, tralo seu éxito, o Executivo autonómico “multiplicará por cinco” no orzamento de 2023. “É o que a xente demanda, xestión eficaz”, defendeu.
Tamén destacou un novo programa de mobilización de vivendas en alugueiro, que dá máis seguridade tanto a arrendadores como a arrendatarios e co que, segundo adiantou, se agarda “poñer 300 vivendas á disposición da xente”.
“A emancipación é un soño se non se ten vivenda”, argumentou sobre a importancia desta medida dirixida á xente nova
Rueda tamén apuntou os 27 M€ para bonos de alugueiro recollidos no ano 2023: o social, o de mocidade e o bono xeral e salientou como obxectivo irrenunciable o de dotar a Galicia de 1.200 novas vivendas públicas: 1.000 de nova construción e 200 rehabilitadas.
“Imos axudar a xente a que alugue, se queren alugar; e a que compren, os que queiran comprar”, esgrimiu o presidente, quen garantiu que o Goberno galego “seguirá traballando con cifras e executando orzamentos, sen facer demagoxia”.
Incremento do 50% do complemento do bono social térmico
Na súa intervención no pleno do Parlamento galego, Rueda tamén afondou nas medidas en materia de política social da Xunta de Galicia, da que subliñou o reforzo da a súa rede de protección social, xa que “desde 2009 duplicáronse os fondos públicos destinados a políticas sociais, nas que investiron 930 M€ este ano”.
Ademais, subliñou que os orzamentos do vindeiro ano 2023 serán os máis sociais da Historia de Galicia, con menos impostos para as clases medias e traballadoras e uns apoios dunha intensidade sen precedentes para as galegas e galegos máis vulnerables: tanto no ámbito da protección social como do emprego e a vivenda.
Precisamente, salientou a achega autonómica para axudar máis de 66.000 fogares a pagar as facturas da calefacción e a auga, a través do complemento ao bono social térmico, e adiantou que o vindeiro ano a Xunta vai incrementar nun 50% o importe que percibirá cada un dos seus beneficiarios: de 100 a 150 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108