Galicia
O Grupo Socialista denuncia “opacidade” na xestión do Sergas
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou no último pleno a “opacidade e descontrol” na xestión do Sergas segundo alertan os informes do Consello de Contas, que alertan de graves irregularidades contables na sanidade galega, que supón o 40 por cento do gasto público da Xunta. O responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha interpelación diante da “escuridade absoluta” da contabilidade do Sergas.
Torrado presentou no Pleno do Parlamento os informes do ente fiscalizador da Comunidade Autónoma para alertar dunha “xestión opaca e preocupante” por parte dun ente que aglutina o 83 por cento dos contratos “a dedo” do goberno galego, que son asinados sen publicidade nin concorrencia competitiva. Explicou que esta porcentaxe corresponde a un montante total de 600 millóns de euros que son xestionados “polo método dixital”.
Ademais, o dito informe sobre a contratación do Sergas alerta de que o 60 por cento dos contratos do Sergas “teñen prórrogas sen xustificar”, que “non explican por que continúan, son adiados sen convocar un novo concurso nin explicar a súa excepcionalidade”. Ademais, o 29 por cento dos contratos do Sergas son “irregulares e contrarios á normativa”, segundo apunta o Consello de Contas.
159 millóns de euros extraviados
Julio Torrado esixiulle ao conselleiro de Sanidade que dea conta da xestión dos 159 millóns de euros covid entregados a Galicia dentro dos 418 millóns de euros de aportacións do Estado para sanidade e que foron desviados “a outro lado”, sen que a día de hoxe deran conta de que fixeron con eles.
O conselleiro volveu esquivar as explicacións, máis alá de confirmar hoxe que durante a pandemia a Galicia non lle faltaron recursos para sanidade, en contra de todo o que dixeran daquela tanto o presidente da Xunta como os representantes do goberno galego. Torrado preguntoulle se “non ten curiosidade por saber que pasou con eses 159 millóns de euros que tiña vostede para a súa xestión e alguén dedicou a outra cousa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108