REDONDELA
O antigo conservatorio acollerá a nova Oficina de Turismo de Redondela
Asw obras foron adxudicadas a empresa Santorio Arquitectos. Unha vez rematadas o inmoble acollerá, entre outros servizos, a Oficina de Turismo un e espazos de usos múltiples para poñer en valor a ampla oferta cultural do municipio.
A empresa adxudicataria da obra, Santorio Arquitectos, explica o programa de renovación integral. Esta xa leva catro meses de proceso nos que foron collendo forma a antedita Oficina de Turismo e as instalacións de servizos de Cultura e Normalización Lingüística.
A planta inferior contará, cun acceso desde a plazuela de Reveriano Soutullo, albergando dependencias para usos municipais como despachos e salas de coloquios ou reunións, almacéns, etc.
A planta superior, con acceso desde Isidoro Queimaliños, alberga a oficina de turismo e un espazo polivalente e de exposicións.
O edificio contará cunha plataforma elevadora que garantirá a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, e con baños accesibles en ambas as plantas.
A actuación contempla a mellora da eficiencia enerxética, dispoñendo illamento térmico na cuberta e trasdosados de fachadas, reparando ou substituíndo carpinterías existentes deterioradas, incorporando iluminación Led tanto no interior como no exterior e procedendo á substitución de todas as redes de servizos e instalacións do inmoble.
O Concello de Redondela rehabilitará as antigas dependencias do conservatorio de música, na rúa Isidoro Queimaliños, dentro dun plan global de rehabilitación e recuperación do patrimonio histórico do municipio. As obras, que contan cun orzamento de preto dos 300.000 euros, inclúese nas liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do patrimonio histórico e cultural e a creación de novos eventos culturais (Plan EDUSI 2020).
Cómpre salientar que pola rúa Isidoro Queimaliños, onde se atopa o edificio, discorre o Camiño de Santiago e que, o turismo de peregrinos supón, no caso de Redondela, preto do 90 % do fluxo turístico do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.223