GALICIA
Os alumnos da 14ª promoción de Policía Local na última parte da súa formación teórica
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou os 117 alumnos que unha vez finalizado o curso na academia cubrirán prazas nunha trintena de concellos
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, realizou estes días unha visita os 117 alumnos da 14ª promoción de Policía Local que esta semana retomaron a formación teórica na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) despois de realizar as prácticas este verán no seu concello. Unha vez finalizada esta última parte do curso está previsto que a comezos do próximo ano tomen posesión e poidan incorporarse aos seus municipios.
Desta promoción forman parte 70 axentes que cubrirán as prazas convocadas por 29 concellos galegos no marco do convenio entre a Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para levar a cabo os procesos selectivos de maneira unificada. A eles súmanse outros 47 alumnos da promoción que se forman tamén na AGASP e corresponden ás oposicións convocadas polos municipios de Lalín, Oleiros, Boiro e Vigo.
O vicepresidente segundo da Xunta percorreu as instalacións do recinto no que reciben clases os alumnos desta promoción e que conta con diferentes tipos de aulas, laboratorios, salas de estudo, conferencias e de xuntas, un salón de actos, unha biblioteca, áreas de esparexemento, cafetería e restaurante. Canto ás instalacións deportivas, xunto co novo pavillón a Academia conta tamén con ximnasio, piscina ou campo de tiro.
0 próximo luns, 24 de outubro celebraranse no recinto Feiral de Silleda os primeiros exercicios do novo proceso selectivo de Policía Local
A AGASP está considerado centro de referencia estatal na formación das forzas e corpos de seguridade e dos efectivos dos servizos de emerxencias que se preparan no recinto, xa que ademais de preparar as novas promocións de Policía Local ofrece accións formativas con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias no marco do seu plan de formación continua.
Ademais, o próximo luns, 24 de outubro celebraranse no recinto feiral de Silleda o primeiro exercicio e o segundo exercicio -a proba teórica e a de lingua galega- do proceso de selección de acceso por oposición libre e por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia. Os aspirantes que superen todas as probas deste proceso formarán parte da próxima promoción de Policía Local que se formará na AGASP desde febreiro.
Diego Calvo tamén visitou as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia que se localiza no recinto da AGASP e conta coa base do Grupo de Apoio Loxístico (GALI).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217