Miércoles, 04 de Marzo de 2026

Actualizada Miércoles, 04 de Marzo de 2026 a las 15:25:10 horas

Xornal21.es
Domingo, 16 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O vindeiro domingo 23 disputarase a 15K del Atlántico

A xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.

 

Esta semana presentouse a novena edición da 15k del Atlántico - Banco Mediolanum, nun entorno único por onde pasará a proba o próximo 23 de outubro, a Explanada do Horizonte, en Portecelo,  O Rosal.

 

A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago.

 

O inicio da proba da carreira será el día 23 ás 11:00 horas dende o Campo de fútbol de Oia, con chegada ao Porto da Guarda. No caso da andaina, a saída será dende o mesmo lugar pero ás 10:00 horas.

 

A organización disporá dun servicio de autobús antes e despois da proba.

 

A presentación  contou coas intervencións de destacadas autoridades.

 

Cristina Correa, alcaldesa de Oia, que destacou na súa intervención o gran impulso para a localidade dun evento así, cunha alta participación.


Anxela Fernandez, alcaldesa do Rosal, coincidía coa súa homóloga e destacaba a visibilidade que ten un evento onde acode máis dun 90% de participantes de fora da comarca.


Antonio Lomba, alcalde da Guarda, comentaba que o gran impacto que ten a proba dende fai xa 9 anos vese reflexado nos negocios locais durante toda a fin de semana.


Pola súa parte, Ivonne Pousa, responsable de Banco Mediolanum zona norte, comentaba a importancia da proba para a entidade, onde cada ano ten unha maior difusión, non só nacional, incluso en Portugal, así como a importancia da unión do deporte coa solidaridade e os valores que todo elo conleva.

 

A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación.

 

As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.