GALICIA
A Xunta triplicará en 2023 o orzamento para as axudas de prevención fronte ao lobo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta semana unha explotación gandeira de Oza-Cesuras que sufriu un ataque o ano pasado
A Xunta de Galicia triplicará o vindeiro ano o orzamento destinado ás axudas para aplicar medidas de protección que eviten ou mitiguen os prexuízos causados polo lobo nas explotacións agrícolas e gandeiras. Deste xeito, a cifra dispoñible ascenderá a 1,9 millóns de euros fronte aos 600.000 euros que reservou o Goberno galego a tal fin na convocatoria deste ano.
Así o anunciou esta semana en Oza-Cesuras a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen recalcou que se trata dunha contía “sen precedentes” para previr os ataques do lobo en Galicia, un esforzo que enmarcou na aposta da Xunta pola prevención e no seu “apoio” ao sector primario ante o escenario de incerteza xerado polo Goberno central coas súas recentes decisións sobre a xestión desta especie.
Durante a súa visita a unha explotación que en 2021 sufriu un destes ataques e recibiu unha axuda autonómica por importe de case 600 euros, a responsable galega lembrou que coa inclusión do lobo na Lesrpe (Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial), o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico demostrou descoñecer a realidade das comunidades lobeiras do país, entre elas Galicia, onde o estado de conservación da especie é “favorable” grazas á xestión da Xunta.
O Goberno galego reforza a súa aposta pola prevención cunha partida sen precedentes para apoiar ao sector na adopción de medidas que minimicen os danos
Neste sentido, salientou que desde 2017 a cifra de avisos e animais afectados polas incursións do lobo se manteñen estables en Galicia, con máis de 1.200 chamadas ao ano relacionadas con supostos ataques desta especie e máis de 2.000 reses afectadas.
Para contrarrestar estes datos e apoiar ao sector gandeiro na súa convivencia con esta especie silvestre, a conselleira explicou que a Xunta aposta desde hai anos por convocar sucesivas ordes de axudas para paliar os danos que provoca e para adoptar as medidas e accións de protección necesarias co obxectivo de evitar o impacto que teñen estes ataques sobre as explotacións gandeiras.
De feito, só no período 2016-2022 o Goberno galego destinou case 6 millóns de euros a pagar indemnizacións e gastos de prevención e o ano que vén se reservarán 2,5 millóns de euros máis para ambas ordes de axudas.
Galicia, fóra do reparto de fondos do Estado
A pesar do esforzo económico realizado pola Xunta nos últimos anos e do peso que ten a especie no territorio galego, a conselleira lamentou que o Goberno central acabe de confirmar a súa intención de deixar a Galicia fóra do reparto dos 20 millóns de euros reservados nos orzamentos xerais de 2022 para paliar os danos do lobo.
Ao respecto, a conselleira explicou que esta mesma mañá recibiu unha carta do secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, na que se afirma que se a Comunidade quere recibir parte deses fondos “ten que aceptar” antes a Estratexia nacional do lobo aprobada este verán. “Pero Galicia non pode aceptala porque suporía vender aos gandeiros e incluso vender a biodiversidade”, declarou.
En todo caso, Ángeles Vázquez confirmou que a Xunta seguirá estando “ao carón dos gandeiros”, mobilizando só no eido da prevención un total de 1,9 millóns de euros a través dunha nova convocatoria de axudas que financiarán, entre outros, a adquisición e manutención de cans protectores e defensores do gando, a compra de pastores eléctricos, ou a instalación de cerrumes móbiles de malla electrificada ou de valados.
Ángeles Vázquez salienta que desde 2017 en Galicia se reciben máis de 1.200 avisos ao ano relacionados con esta especie e as reses afectadas superan as 2.000 anuais
Neste sentido, tras subliñar que o problema do lobo non afecta só ás grandes comarcas gandeiras galegas senón tamén a municipios cun menor número de explotacións, a conselleira avogou por reforzar a información sobre as axudas que ofrece a Xunta para que cheguen ao maior número de interesados, incidindo en que as accións preventivas son un factor clave para minimizar o impacto dos ataques destes animais, que se sofren “no 90% do territorio galego”.
A modo de exemplo, no concello coruñés de Oza-Cesuras o ano pasado concedéronse catro axudas para paliar os danos causados polo lobo a outras tantas explotacións do municipio —incluída a que visitou hoxe a conselleira— e delas tan só unha pediu tamén axudas para aplicar medidas preventivas sobre a súa propiedade.
Por iso, Ángeles Vázquez aproveitou a visita para animar aos gandeiros da zona e doutros puntos de Galicia a informarse sobre estas subvencións e solicitalas na convocatoria que sacará a Xunta de cara ao vindeiro ano co triplo de orzamento dispoñible que para 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217