GALICIA
Román Rodríguez sinala a FP galega actual como a máis ampla en oferta e profesorado
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participou na clausura das xornadas de emprendemento do Centro Integrado de FP A Granxa
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na clausura das II Xornadas de Emprendemento e Orientación Laboral, organizadas polo Centro Integrado de FP A Granxa. Na súa intervención, salientou que este ano “Galicia conta con máis oferta e máis profesorado que nunca na nosa historia, ao que se engade unha maior aposta pola I+D+i, como é o caso da apertura do novo Centro de Innovación da FP en Ourense”.
O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puxo en valor a Estratexia de FP Galicia 2030, “dotada con 900M€ para crear plans específicos por sectores e comarcas para seguir mellorando a oferta e a calidade deste modelo, unha folla de ruta coa que perfeccionar o conseguido ata o de agora”.
Neste sentido, fixo fincapé na necesidade de intensificar a conexión entre a FP e a economía galega e os seus sectores produtivos, unha relación que está a dar como froito taxas de inserción laboral superiores ao 85% e de case o 100% na modalidade Dual.
Eduemprende
No referido ao emprendemento, o conselleiro explicou que o Goberno galego ten en marcha o Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, “un marco sobre o que fomentar estratexias que favorezan a cultura emprendedora entre o alumnado, que doten dos instrumentos e os coñecementos necesarios para impulsar cada proxecto e que está conformado por 14 programas distintos para reforzar e apoiar iniciativas de todo tipo por toda a xeografía galega”.
No eido do emprendemento, a Xunta ten en marcha o Plan Eduemprende, con 14 programas diferentes para apoiar iniciativas deste tipo no ensino
Dentro deste plan, destacou as actividades de fomento da cultura emprendedora ou a Rede de Aulas de emprendemento, con 60 centros implicados que canalizan iniciativas do alumnado en centros de FP. Tamén a Rede de Viveiros de empresa, con 30 actualmente por toda Galicia (incluíndo no propio CIFP A Granxa), que ofrecen servizos de formación específica, instalacións técnicas para cada iniciativa e servizos auxiliares complementarios, entre outros aspectos.
Obradoiros e mesas redondas
As II Xornadas de Emprendemento e Orientación Laboral organizáronse arredor de dúas mesas redondas coa presencia de emprendedores, que amosaron a súa experiencia ao alumnado. Así mesmo, impartíronse dous obradoiros de técnicas de emprendemento para os estudantes.
A maiores, os alumnos do CIFP A Granxa puideron exhibir os seus traballos de xardinaría, xestión forestal, vitivinicultura e agroecoloxía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108