O PORRIÑO
Carmela Silva explica ao detalle os 13,5 millóns de euros investidos pola Deputación no Porriño
A Agrupación Socialista do Porriño destaca, diante da presidenta da Deputación, o enorme contraste entre a administración provincial e a Xunta de Galicia no apoio ao Concello
A presidenta da Deputación e do PSdeG-PSOE, Carmela Silva, mantivo unha xuntanza de traballo coa agrupación socialista de O Porriño na que se analizou o modelo de colaboración estable da Deputación, que xa se traduciu nun investimento acumulado de 13,5 millóns de euros neste concello dende 2016. “Un modelo regrado”, explicou, “dunha Administración provincial que traballa para tódolos concellos que contrasta cunha Xunta caciquil que goberna só para algúns concellos, os que teñen Alcaldía do PP, e que, ademais, se colga a medalla, con descaro e deslealdade institucional, das obras que financian os fondos que envía o Goberno de España”.
A presidenta amosouse “moi sorprendida” ao coñecer os datos das/os socialistas de O Porriño que apuntan a que a Xunta tan só executou 8,5 millóns de euros dende 2009, unha cifra que quedaría reducida á metade se non se toma en conta a ampliación do Centro de Saúde, que vén de comezar. O secretario xeral local, David Alonso Bargiela, destacou que, ademais, esta obra, adxudicada en 4,3 millóns de euros, finánciase cos fondos extraordinarios Covid que enviou o Goberno de España a Galicia “polo que se examinamos o que fixo a Xunta con fondos propios é para botarse a chorar.
“Hai unha Deputación que inviste no Porriño unha media de 2 millóns de euros anuais”, afirmou Carmela Silva, “asignándoos cos mesmos criterios que ao resto dos concellos da provincia, e hai unha Xunta que só investiu no Porriño unha media de 600.000 euros ao ano e que agora quere vender fume electoral. Pero a xente debe saber que todo o que se anuncia agora dende a máquina de propaganda da Xunta son cousas que tiñan que estar feitas hai moito tempo e que, ademais, fináncianse con fondos estatais. As previsións reais da Xunta, con fondos propios, para O Porriño son unha cifra moi redonda, porque parécense moito ao cero”.
“Absolutamente todo o que anuncia a máquina de propaganda da Xunta en O Porriño son cousas que tiñan que estar feitas hai anos e que ademais fináncianse con fondos do Goberno de España”
Unha visita institucional da Xunta “insultante”
Neste senso, David Alonso cualificou como “insultante” a recente visita institucional da Xunta na que se prometeu un investimento de 15,7 millóns de euros ata o próximo mes de decembro. O secretario xeral local preguntouse en que caixón quedaron os 3 millóns comprometidos hai ben pouco para a descontaminación do lindano na estrada do Contrasto e que se ía adxudicar antes de finais de ano. “Logo vendéronnos unha ampliación do Centro de Saúde que tiña que estar xa inaugurada en 2010, un centro avanzado de automoción que se paga cos fondos Next Generation que capta o Estado mentres a Xunta cruza os brazos e unhas obras nuns colexios e un instituto obsoleto que tamén proceden de fondos europeos xestionados por España. Ademais diso tres sendas peonís de regalo, con forte tufo electoral, como se a seguridade viaria dependera das eleccións de turno”. O secretario xeral local engade que mesmo “as migallas que nos anuncian a bombo e platillo para o Servizo de Axuda no Fogar, a RISGA, as prazas de atención ao alzhéimer ou o Plan Concertado teñen orixe nos fondos estatais para atención á dependencia, uns fondos estatais que creceron con Pedro Sánchez un 150% con respecto á partida escuálida que deixou Mariano Rajoy.
61 obras feitas e 240 traballadores/as contratados con fondos provinciais
Carmela Silva subliñou que a diferencia “entre un bo goberno e outro inexistente” demóstrase coas cifras e cos nomes e apelidos das obras e actuacións que cada goberno impulsa. Así, durante a xuntanza coa agrupación socialista porriñesa deu conta detallada dos 13,5 millóns de euros “contantes e soantes” achegados pola Deputación nestes últimos 7 anos. Deles, uns 10 millóns correspóndese ás anualidades regradas do Plan Concellos, que fixeron posible xa a execución de 61 obras, entre elas a urbanización das rúas Manuel Rodríguez e Aloques, decenas de actividades sociais e a contratación temporal de 240 traballadoras/es. O Porriño recibe este ano ata 1.751.840 euros do Plan Concellos cos que vai acometer o saneamento de A Droza, Covelo, Mosteiro, rúa Lugo e o Camiño do Cristo da Pereira, entre outros lugares, ademais de asfaltar en Vitureira e Dorna (Budiño), Relva (Torneiros), Vilafría, Louriña-Cadaval (Mosende), Centeáns-Morzón e Ribeira-Noval, no tramo de Miraflor (tamén en Torneiros).
A presidenta recordou que O Porriño acometeu tamén a mellora do campo de fútbol do Carballo, a construción do Módulo de Atletismo e a mellora da seguridade viaria na rúa de Doantes de Sangue coas achegas, tamén regradas, dos plans extraordinarios PICEI, Reequilibrio e DepoRemse. Ademais obtivo 1,3 millóns de euros en melloras das estradas provinciais EP-2401, EP-2403 e EP-2405, incluíndo a construción de 20 pasos de peóns sobreelevados, 6 redutores de velocidade e o financiamento do Plan de Mobilidade (PMUS). No seu repaso, a presidenta tamén aludiu aos centos de actividades culturais financiadas, incluíndo a propia creación do servizo de Normalización Lingüistica municipal, o financiamento aos Servizos Sociais municipais, as axudas de emerxencia e a teleasistencia (competencias autonómicas), as subvencións a clubs e deportistas individuaI, os programas de formación laboral provinciais, as axudas de Igualdade, o plan Revitaliza, o apoio turístico ou o despregue da Administración electrónica e o padrón eléctrónico, así como a apertura da oficina de SmartPeme que asesorou xa a 97 empresas de O Porriño, todo elo por un importe superior aos 96.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11