Galicia
Novo regulamento sobre vixilancia sanitaria das augas de baño en Galicia
O Consello da Xunta ven de aprobar un novo decreto sobre vixilancia sanitaria das augas de baño en Galicia que deroga o regulamento do ano 2000 e incorpora novidades como a creación dun rexistro de augas de baño na Comunidade galega, establece as competencias das autoridades sanitarias e fixa a información que se facilita ao público.
A Xunta substitúe o anterior decreto de hai máis de 20 anos e actualiza e adapta o aprobado hoxe aos perigos e riscos para a saúde dos usuarios que pode ocasionar o crecente uso recreativo das augas de baño. A contaminación bacteriana das augas pode provocar gastroenterite ou enfermidades respiratorias, e aínda que se trata de enfermidades non graves, o número de persoas expostas pode ser elevado dada a tradición que existe en Galicia no uso das augas de baño.
Por todo isto, o novo decreto sobre vixilancia sanitaria das augas de baño crea como novidade o Rexistro de augas de baño de Galicia, que permitirá dispor da información básica das aguas de baño que sirva como instrumento para o exercicio das facultades de inspección e control que teñen atribuídas as autoridades sanitarias, e facilitar a difusión da información sobre as augas de baño ao público. Os datos deste rexistro incorporaránse e poderán consultarse no Observatorio Galego de Saúde Pública que se está a poñer en marcha.
O novo regulamento tamén establece o contido do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño que, con carácter autonómico, ven funcionando na nosa comunidade desde mediados da década dos oitenta, executado pola Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Tamén, o decreto fai un especial recoñecemento do papel das administracións locais como provedoras dos servizos públicos primarios á poboación, establecidas xa na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, que no seu artigo 25 atribúelle aos concellos as competencias de protección da salubridade pública.
Entre as novidades que inclúe o decreto tamén está a incorporación á normativa autonómica da decisión de execución da Comisión do 27 de maio de 2011 que establece, en virtude da Directiva 2006/7/CE do Parlamento Europeo e do Consello, a incorporación dun símbolo para informar ao público da clasificación das augas de baño e de calquera prohibición ou recomendación que afecte a este, así como outros requisitos para garantir que o público reciba información suficiente e oportuna sobre a calidade das augas de baño e as medidas correctoras e preventivas por parte dos concellos
Por último, e como xa se apuntou, este decreto deroga o Decreto 240/2000, do 13 de setembro, polo que se regula a declaración de augas de baño habilitadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Unha vez aprobado polo Consello da Xunta, o decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Rexistro de augas de baño e información ao público
Este decreto regula a creación do Rexistro de augas de baño de Galicia, que contará con tres seccións: unha primeira sección de augas de baño incluídas no Censo de Zonas de Augas de Baño do Ministerio de Sanidade. Outra sección determinará as augas de baño en avaliación, previa á súa inclusión na sección primeira do rexistro; e unha terceira sección determinará as augas con prohibición permanente do baño.
Haberá modelos para as solicitudes de alta ou modificación no Rexistro, e para as solicitudes de baixa.
O decreto regula tamén as competencias das seguintes autoridades sanitarias na materia: o órgano directivo con competencia en materia de saúde pública da Consellería competente en materia de sanidade; a xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade, e o/a alcalde/sa do concello no que estea situada cada auga de baño.
Tamén, o ordenamento inclúe a actualización do control de calidade sanitaria das augas de baño coa fixación da tempada de baño e o calendario de control entre o 1 xuño e o 30 de setembro; cun programa de vixilancia sanitaria das augas de baño de Galicia a disposición do público na páxina web da Consellería de Sanidade, coa fixación de laboratorios para controis analíticos UNE-EN ISO /IEC 17025, coa determinación da aptitude do baño / prohibición ou recomendación de abterse do baño, así como cunha clasificación anual das augas do baño en diversos termos :insuficiente, suficiente, boa ou excelente.
Por último, co decreto incorporarase información ao público sobre o estado das augas de baño. Así, incluiranse os resultados dos controis analíticos, a clasificación sanitaria das augas de baño (excelente, boa, suficiente e insuficiente); a prohibición ou recomendación de non bañarse por contaminación (prohibición do baño, recomendación de absterse do baño ou prohibición permanente do baño), e a prohibición ou recomendación de non bañarse por cianobacterias (prohibición de baño por cianobacterias ou recomendación absterse do baño por cianobacterias).
Con este novo regulamento, que se engloba dentro dos programas de protección da saúde que desenvolve a Dirección Xeral de Saúde Pública de xeito continuado, a Xunta traballa na prevención e o control do risco de exposición da poboación aos axentes causantes de enfermidades de orixe hídrica, garantindo o dereito de todos á protección da saúde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217