Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
MOS

Mos acolle unha xornada formativa sobre RCP

No Día Internacional da Parada Cardiorrespiratoria

Foi impartida polo servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e inaugurada polo Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente

O Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente, acompañado da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Réxime Interno, Julia Loureiro, e a edil de Política Social e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, inaugurou a primeira hora desta mañá a Xornada deFormación RCP que, con motivo do Día Internacional da Parada Cardiorrespiratoria, se celebrou no Multiusos das Pozas.

 

A formación foi impartida polo servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Consistiu nunha actividade informativa e formativa co obxecto de sensibilizar da relevancia e repercusións da morte súbita cardíaca e estimular a educación sanitaria nas técnicas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

 

Contouse cun equipo de formadores, sanitarios e Garda Civil: unha médico, unha auxiliar de enfermería, unha enfermeira e un oficial de Garda Civil que se achegaron ao  noso Concello para amosar as nocións básicas da reanimación cardiopulmonar, amosando os pasos que deben seguirse na atención a unha vítima que sofra un paro cardíaco e adestrando na realización das técnicas básicas de reanimación (RCP).

 

Os participantes na xornada foron un total de 22, entre policías locais, persoal de Emerxencias, conserxes, monitores-socorristas da piscina municipal, e persoal de Recursos Humanos e Urbanismo, entre outros.

 

A formación constou dunha parte teórica e outra práctica e prolongouse durante dúas horas.

 

Mos é un dos 6 concellos da área viguesa que se benefician desta iniciativa, xunto con A Guarda, Tui, Ponteareas, O Porriño e Nigrán. Entre os 6 municipios fórmase a un total de máis de 300 persoas nas técnicas de RCP.

 

O lema da campaña é “Aumentar a supervivencia da parada cardíaca é posible” e ten por obxectivo divulgar a importancia de aplicar a técnica de reanimación cardiopulmonar para salvar vidas. As técnicas RCP poden elevar as taxas de supervivencia un 40% tras a parada cardíaca, cando se inician desde o minuto cero por persoas coñecedoras destas manobras. Trátase dunha iniciativa promovida no marco do proxecto de colaboración entre o Servizo de Medicina Intensiva do Álvaro Cunqueiro e a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Así, un total de 18 instrutores, entre sanitarios e Garda Civil, forman hoxe en 6 concellos da área a máis de 300 persoas.

 

Tamén se pretende informar e sensibilizar á poboación xeral sobre este tema pois a educación en saúde á cidadanía é fundamental en temas como este.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.