SALCEDA DE CASELAS
Abre o prazo para a solicitude de composteiros individuais
O Concello de Salceda ven de poñer en marcha o procedemento de entrega de composteiros individuais e cubos de 10 litros a través das subvencións para o financiamento de actuacións, en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Esta entrega de composteiros individuais e cubos teñen como finalidade estender as prácticas de compostaxe comunitaria ás diferentes vivendas unifamiliares e vivendas do centro urbano do municipio para acadar unha xestión máis sostible dos refugallos orgánicos.
As persoas interesadas na obtención dalgún dos composteiros ou dos cubos deberán realizar a solicitude dos mesmos a través da sede electrónica ou dunha instancia xeral no Rexistro do Concello, aportando o DNI e un recibo do lixo. O prazo para solicitar os composteiros e cubos rematará o día 31 de outubro.
Os composteiros serán entregados por rigorosa orde de entrada no rexistro de cada unha das solicitudes. As persoas que se queden sen o seu composteiro ou cubo nesta convocatoria serán incluídas nunha lista de agarda para outras posibles entregas que se poidan realizar polo concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11