DEPORTES
O Plan Corresponsables chega ás universidades
O desenvolvemento do Plan contará cun orzamento duns 585.000 euros, dos que a Xunta de Galicia distribuirá o 94% entre as tres universidades galegas -a USC con 320.881 euros, a UDC con 59.150 euros e a UVIGO con 167.847,50 euros
O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza do xoves pasado a sinatura do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e as tres universidades galegas -Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVIGO)-, para o desenvolvemento do Plan Corresponsables co obxectivo de acadar a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores ao cargo, ao habilitar servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportivas.
O desenvolvemento desta segunda parte do Plan contará cun orzamento duns 585.000 euros (584.678,50 euros). A Xunta de Galicia achegará o 94% (547.878,50 euros) entre as tres universidades galegas -a USC con 320.881 euros, a UDC con 59.150 euros e a UVIGO con 167.847,50 euros- e os restantes 36.800 euros, serán investidos polas propias universidades cos seus medios propios. Con este orzamento está previsto que se realicen un total de 96 actividades, para 4.820 nenos e nenas de 3.995 familias e coa contratación de 88 traballadores.
As actividades serán de animación sociodeportiva, obradoiros, eventos, campionatos e exhibicións. Tamén se poderán desenvolver accións formativas sobre hábitos de vida saudables, primeiros auxilios no contexto deportivo, nutrición, violencia e igualdade no deporte entre outros temas de interese
As actividades que se levarán a cabo grazas a este acordo coas universidades serán de animación sociodeportiva, obradoiros, eventos, campionatos e exhibicións. Tamén se poderán desenvolver accións formativas sobre hábitos de vida saudables, primeiros auxilios no contexto deportivo, nutrición, violencia e igualdade no deporte entre outros temas de interese, habilitando servizos de coidados profesionais e fomentando, á vez que a práctica deportiva, á adquisición de hábitos de vida saudable a través da mesma.
Cómpre salientar que o pasado mes de xuño, a Xunta de Galicia presentou a primeira parte do plan como unha serie de actividades para menores de 16 anos a realizar con 18 federacións deportivas galegas cun orzamento de 2,5 millóns de euros ata o mes de decembro do presente ano. As expectativas iniciais deste programa eran de chegar a 8.000 rapaces e rapazas a través de máis de 500 actividades e 250 monitores contratados, pero tras tres meses de execución do plan, un total de 12.369 menores xa se viron beneficiados con 1.759 actividades e 889 persoas contratadas.
O Plan Corresponsables forma parte da colaboración da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes coa Consellería de Promoción do Emprego en Igualdade na área de deportes. Nesta liña, xa en 2019 se asinaron convenios con federacións deportivas galegas para o patrocinio da campaña NON contra a violencia de xénero; en 2020 apoiouse a participación da representación galega olímpica e paralímpica en Toquío; e o pasado ano reforzouse o plan de patrocinio contra a violencia de xénero dos equipos de alta competición femininos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116