Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
Mos

Iniciado o soterramento de columnas de media tensión en Peinador


Coincidindo coas obras de mellora da Estrada da Vía estase a proceder ao soterramento de varias columnas de media tensión en Peinador, do que xa está acometida unha parte.


O Concello de Mos cursou solicitude de soterramento das mesmas a Fenosa facéndose eco da demanda veciñal, dado o que estas infraestuturas supoñen, tanto estética como medioambientalmente.


Tras o procedemento previo necesario a tal fin, a eléctrica respostou afirmativamente á administración local, tras o que presentou solicitude de licenza urbanística para acometer os traballos. Permiso municipal co que conta.


Polo tanto, aproveitando a obra de mellora da Estrada da Vía, iniciáronse os labores de soterramento, simultáneamente e de xeito coordinado. Deste xeito lograrase unha optimización integral dunha das principais zonas urbanas de Mos e dáse resposta á solicitude dos veciños de Peinador, cos que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, adquirira o firme compromiso de soterrar estas liñas.


A lonxitude total de liña de Media Tensión subterránea proxectada é de 1.526 metros, que discorrerá por nova canalización dentro dunha gabia de 0,4x1,4 metros de profundidade con 4 tubos de polietileno de alta densidade 160mm de diámetro.


O tramo entre o apoio e a primeira arqueta discorrerá por canalización existente. A lonxitude total da canalización proxectada é de 711 metros, con reposición do pavimento actual, o cruzamento coa EP-2603 realizarase con perforación dirixida. Este novo tramo subterráneo irá desde o paso aéreo subterráneo instalado no apoio proxectado en substitución ao existente, aproveitando a cela libre.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.