Condado, A Paradanta e Baixo Miño
A Xunta inclúe investimentos ipor 17,8 m€ para as comarcas do Condado, A Paradanta e Baixo Miño
As bisbarras do Condado e A Paradanta roldarán os 10 M€ con actuacións na PLISAN, os plans Hurbe de Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas ou os centros de saúde de Salvaterra e Crecente
A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais de 17,8 millóns de euros para as comarcas do Condado, A Paradanta e Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2023, segundo revelou o delegado territorial de Pontevedra, Luis López, durante o acto de presentación territorializada das contas.
“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, no sur da provincia, xa que o punto de partida en investimentos sitúase nestes 17,8 millóns de euros, unha contía recollida de xeito específico e nominativo, que xurde do noso compromiso con este territorio e que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano ou con outras obras xa comprometidas como a ampliación do IES Alonso Ríos de Tomiño, por citar só algún exemplo cun importe moi destacado”, manifestou o representante autonómico.
As comarcas do Condado e A Paradanta van roldar, de entrada, os 10 millóns de euros en investimentos con actuacións destacadas na plataforma empresarial PLISAN tanto en Salvaterra do Miño como nas Neves, coas humanizacións e melloras urbanas do Plan Hurbe en Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas, a modernización dos centros de saúde de Salvaterra e Crecente ou a reforma da oficina de emprego de Ponteareas, entre outras.
Por outra banda, na bisbarra do Baixo Miño, o principal investimento será a continuidade do enlace de Areas, pertencente á Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, que contará cunha partida de 6,71 millóns de euros no marco da súa execución plurianual. Sen embargo, tamén están previstas outras actuacións, como o reforzo da estrutura do peirao da Pasaxe, na Guarda, o desenvolvemento do programa de rehabilitación e vivenda Rexurbe de Tui ou a mellora hidráulica do río Viladesuso, no Concello de Oia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40