• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Sábado, 11 de Julio de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Julio de 2026 a las 13:34:13 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • La Deputación aprueba la adjudicación de las obras de mejora en la carretera Mos-Puxeiros por 1,4 millones

      La Deputación aprueba la adjudicación de las obras de mejora en la carretera Mos-Puxeiros por 1,4 millones

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Cerca de medio centenar de niños disfrutan de las actividades de 'ConciliaTea'

      Cerca de medio centenar de niños disfrutan de las actividades de 'ConciliaTea'

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • A Guarda refuerza su Policía Local con cinco auxiliares para el verano

      A Guarda refuerza su Policía Local con cinco auxiliares para el verano

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Nigrán espera a más de 400 nadadores en la XVI edición de la travesía Costa Serena

      Nigrán espera a más de 400 nadadores en la XVI edición de la travesía Costa Serena

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

      La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Viernes, 21 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
VIGO

A Xunta disparan o gasto social por riba dos 142 m€ en Vigo

A delegada territorial da Xunta detallou onte as contas autonómicas na cidade, que destinan 91M€ de fondos ao apoio e protección das familias e persoas; un 18% máis

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, avanzou onte as principais partidas orzamentarias das contas autonómicas para 2023, que disparan o gasto social na cidade por riba dos 142 M€, atendendo ás liñas marcadas como prioritarias no deseño contable do Executivo galego.


“En momentos excepcionais hai que tomar medidas excepcionais”, anotou Fernández-Tapias, quen destacou que os orzamentos cara o vindeiro ano, os máis elevados na historia da Comunidade, reforcen o apoio e protección das familias e das persoas; impulsen a dinamización económica e o fortalecemento dos servizos públicos; apliquen medidas de aforro e eficiencia enerxética, e de protección do medio ambiente, loita contra a seca e o cambio climático; e recollan rebaixas de impostos que suporán uns aforros medios por galego de 476 euros respecto ao 2009.

 

A delegada fixo así especial fincapé nos fondos destinados pola Consellería de Política Social a Vigo, que crecen un 18% con respecto ao 2022 ata os 91 M€. Entre outras medidas, destacou a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos (6 M€), as axudas a inclusión social (17 M€), o servizo de axuda no fogar (5,6M€) ou a tarxeta benvida e bono coidado (3,7 M€). Partidas que se suman aos 2,5 M€ que destinará o departamento autonómico para o proxecto de mellora e reforma do CRAPD Vigo.  

 

En canto a investimento sanitario, puxo de relevo os máis de 30,7M€ que se destinan a novas infraestruturas, melloras sanitarias e equipamentos médicos nos hospitais vigueses, entre os que figuran 6 dos 14,8 M€ que a Xunta investirá no novo centro integral de saúde (CIS) Olimpia Valencia de Vigo. “Un orzamento histórico, o maior dos últimos anos, dirixido aos hospitais e a atención primaria cun crecemento do 91,8% respecto a este 2022, o que ven a reforzar o compromiso do Goberno galego co servizo público de saúde desta área”, aseverou.

 

Segundo detallou a representante autonómica, o Hospital Álvaro Cunqueiro contará cun investimento que ascende a 5,3 M€ para executar obras de reforma nas novas unidades de enfermidades raras, necropsias e de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil, así como nas áreas de rehabilitación cardíaca e de hospitalización a domicilio. No caso do Meixoeiro, resérvanse preto de 352.000 para a liquidación das obras de climatización do hospital que están a punto de finalizar tras un investimento de 3,7 M€.

 

 

 

 

En canto a investimento sanitario, puxo de relevo os máis de 30,7M€ que se destinan a novas infraestruturas, melloras sanitarias e equipamentos médicos nos hospitais

 

 

 

 

 

Asemade, indicou que se consignan para o CHUVI 12,2 M€ dos fondos para equipos de alta tecnoloxía hospitalaria; 3,3 M€ para a renovación de 5 TACs, entre eles un de tecnoloxía espectral que mellora a capacidade diagnóstica e diminúe as doses de radiación; 2,6 M€ para 2 resonancias magnéticas; 2,5 M€ para un equipo PET-TC e 593.000 euros para un de Radioloxía Vascular; e 2 M€ para a renovación de 3 gammacámaras e 2 salas de hemodinámica.

 

En materia educativa, Fernández-Tapias elevou as inversións a preto de 19M€, dos que 14 corresponden ao compromiso do Goberno galego coa construción do novo IES de Navia. Dese custe total, blíndanse 220.000 euros para arrancar xa coa redacción do proxecto, “sempre e cando o Concello de Vigo asine o convenio para a cesión dos terreos que lle foi remitido hai meses”, apuntou.  Segundo dixo, “trátase da obra educativa máis ambiciosa prevista para Galicia” nunha cidade que, recordou, aglutina o maior investimento en infraestruturas escolares con máis de 27M€ en obras de mellora, ampliación ou rehabilitación.    

 

Outras actuacións
Asemade, destacou que o capítulo de investimentos reflicten 3 dos 12,5 M€ que a Xunta destinará a converter o actual edificio dos xulgados da rúa Lalín no futuro centro de asociacionismo vigués, no que se habilitaran locais para a súa posterior cesión a asociacións sociais e culturais da cidade.

 

No que respecta á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Fernández-Tapias indicou que os orzamentos reservan unha partida de cerca de 7 M€ para os proxectos correspondentes á urbanización do PS-1 do ámbito da antiga ETEA e á reforma da Avenida de Galicia. Recordou así que o desenvolvemento deste ámbito vai a supoñer un investimento por parte da Xunta de preto de 15 M€ para gañar un novo espazo público para a cidadanía, ao tempo no que insistiu en que a cesión dos terreos por parte do Concello faise imprescindible para poder licitar a obra. “Trátase dun paso esencial para culminar a execución da residencia da Fundación Amancio Ortega”, engadiu. Tamén recollen a partida correspondente á transformación histórica  do Berbés, o novo proxecto de senda peonil e ciclista na Avenida de Beiramar con 2 M€.

 

En materia de vivenda, a delegada afirmou que os orzamentos da Xunta para o 2022 apostan por un importante investimento para facer realidade o proxecto de ampliación de San Paio de Navia, incluíndo 8,9 dos 14,3 M€ da licitación do primeiro dos tres polígonos nos que se divide este ámbito. Este obra, pendente da aprobación definitiva do proxecto de urbanización por parte do Goberno local -imprescindible para a súa adxudicación-  permitirá a construción de 733 vivendas protexidas, das que 207 serán de promoción pública construídas polo propio IGVS, e para as que se recollen outros 3,7 millóns de euros. En total 12,6 millóns de euros para este barrio vigués por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 

 

 

 

 

Destacou o investimento de 12,5 M€ para o Centro de Asociacionismo de Vigo; os 15 M€ para a reforma da ETEA e a humanización da Avenida de Galicia; os 14,3 M€ para a urbanización do polígono 1 da ampliación de Navia; ou os 14 M€ do IES de Navia

 

 

 

 

Os tres polígonos que compoñen a ampliación do solo residencial de San Paio de Navia abrangue unha superficie total de 265.000 metros cadrados no que se prevé realizar un investimento público-privado de 256 M€ co fin de habilitar un total de 1.600 novas vivendas protexidas.


Outras actuacións ás que fixo referencia a delegada son os 1,6 M€ reservados para o transporte metropolitano (ATM-Vigo, ATG) e os 2,3 M€ para a tarxeta xente nova, que garanten a gratuidade do transporte público interurbano que depende de la Xunta de Galicia aos menores de 21 años. Tamén aos máis de 20,7 millóns de euros que destina a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ás distintas iniciativas e programas para a estimulación e consolidación de novos proxectos empresariais na cidade. Asemade, resérvase unha partida de de 3 M€ para a reforma das pistas de atletismo e de 50.000 euros para a nova sede do CGAC.

 

En definitiva, incidiu, “unhas contas comprometidas coa cidade e cos veciños e veciñas de Vigo, nun momento no que debemos sumar esforzos para a reactivación económica e social”. “Unhas partidas que volven a situar ao Executivo galego como a administración que máis inviste na cidade”, engadiu, tras dar por finalizadas as obras da Cidade da Xustiza (42 M€); a estación de autobuses intermodal de Vigo (18 M€); e a ampliación do Ifevi (8,3 M€).

 

Noticia anterior:
Concello e Carrefour manifestan a boa evolución do seu desenvolvemento en Vigo
Noticia siguiente:
As obras de Gran Vía avanzan segundo o previsto
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.148

Todavía no hay comentarios

Actualidad

El trabajo no termina ni en vacaciones: el síndrome del 'trabajador burbuja'

El trabajo no termina ni en vacaciones: el síndrome del 'trabajador burbuja'

Los españoles necesitan 27 días de vacaciones para desconectar del trabajo, a la cabeza de Europa

Los españoles necesitan 27 días de vacaciones para desconectar del trabajo, a la cabeza de Europa

El abandono de perros y gatos se estanca: más de 285.000 animales ingresaron en protectoras en 2025

El abandono de perros y gatos se estanca: más de 285.000 animales ingresaron en protectoras en 2025

La inflación condiciona el presupuesto vacacional del 78% de los españoles

La inflación condiciona el presupuesto vacacional del 78% de los españoles

Opinión

Cómo cambian los hábitos de compra durante las vacaciones de verano

Personas con derechos

La reduflación: el arte de engañar sin mentir

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

La Guardia Civil detiene en Cangas a un estafador que pedía 350.000 euros con documentación falsa

La Guardia Civil investiga al autor de un delito de estafa mediante el 'Bizum inverso'

La Guardia Civil investiga al autor de un delito de estafa mediante el 'Bizum inverso'

La Guardia Civil detiene a un varón por tráfico de drogas en Sanxenxo

La Guardia Civil detiene a un varón por tráfico de drogas en Sanxenxo

Cuatro condenados por introducir 651 kilos de cocaína en el puerto de Vigo ocultos en palés de bananas

Cuatro condenados por introducir 651 kilos de cocaína en el puerto de Vigo ocultos en palés de bananas

Agenda

Julio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Galicia

El IDIS recibe 470.000 euros en tres proyectos de investigación médica

El IDIS recibe 470.000 euros en tres proyectos de investigación médica

Galicia suma 33 proyectos hoteleros entre nuevos desarrollos y reformas con más de 1.800 habitaciones

Galicia suma 33 proyectos hoteleros entre nuevos desarrollos y reformas con más de 1.800 habitaciones

Provincia

El teatro llega a los castelos de Soutomaior y Sobroso este otoño y Navidad

El teatro llega a los castelos de Soutomaior y Sobroso este otoño y Navidad

La Deputación inaugura en Vigo la exposición 'A luz de Galicia' del pintor Juan Moreno Badía

La Deputación inaugura en Vigo la exposición 'A luz de Galicia' del pintor Juan Moreno Badía

Deportes

Raúl Fernández lidera el cierre gallego en Halifax con el oro mundial Sub 23 en C1 200 metros

Raúl Fernández lidera el cierre gallego en Halifax con el oro mundial Sub 23 en C1 200 metros

El Club Náutico Pontecesures gana en Verducido y refuerza su liderato en la Liga Provincial

El Club Náutico Pontecesures gana en Verducido y refuerza su liderato en la Liga Provincial

El piragüismo gallego firma cuatro medallas en el Mundial júnior y Sub-23 de Canadá

El piragüismo gallego firma cuatro medallas en el Mundial júnior y Sub-23 de Canadá

Motor

Los 7 puntos clave que debes revisar en tu coche antes de viajar este verano

Los 7 puntos clave que debes revisar en tu coche antes de viajar este verano

Salud

El calor extremo aumenta el riesgo de hipotensión: claves para proteger tu salud este verano

El calor extremo aumenta el riesgo de hipotensión: claves para proteger tu salud este verano

La improvisación en la cocina y el picoteo, los grandes enemigos de la alimentación en verano

La improvisación en la cocina y el picoteo, los grandes enemigos de la alimentación en verano

AFAGA atiende ya a más de 4.300 personas y crece casi un 50% en sus programas de prevención

AFAGA atiende ya a más de 4.300 personas y crece casi un 50% en sus programas de prevención

Turismo

El Camiño de Santiago crece un 28% en temporada media y refuerza el control de flujos en la Catedral

El Camiño de Santiago crece un 28% en temporada media y refuerza el control de flujos en la Catedral

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Concello e Carrefour manifestan a boa evolución do seu desenvolvemento en Vigo

As obras de Gran Vía avanzan segundo o previsto

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder