Domingo, 03 de Mayo de 2026

Actualizada Sábado, 02 de Mayo de 2026 a las 09:55:45 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Octubre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá na Provincia de Pontevedra 172 M€

O investimento per cápita previsto na provincia achégase aos 186 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mobilizará en 2022 171,6 millóns de euros na provincia de Pontevedra, o que supón un investimento per cápita de case 186 euros, segundo recolle o proxecto de Lei de Orzamentos de 2022 entregado esta mañá no Parlamento.

 

As actuacións en materia de infraestruturas viarias reciben a partida orzamentaria máis elevada, cun investimento de preto de 77,6 millóns de euros.

 

Estas cifras permitirán continuar apostando pola vertebración territorial e polo impulso da vías de altas prestacións libres de peaxes na provincia. Así, darase un impulso ás obras en execución da VAP Tui-A Guarda e á tramitación do seguinte treito ata a PO-350, coa reserva de máis de 6,7 M€ nos orzamentos de 2023 e unha previsión plurianual de investimentos que supera os 50 M€. A previsión é poder poñer en servizo a mediados de 2023 o treito actualmente en execución entre o Polígono empresarial de Areas e a autopista A-55, no que se están a investir 21 M€.

 

As contas tamén prevén unha partida de 5 millóns de euros para licitar e iniciar a execución das obras de continuación da autovía AG-59, entre A Ramallosa e A Estrada. Unha vez emitida a declaración de impacto ambiental favorable, nas vindeiras semanas aprobarase o trazado, e estase xa a supervisar o proxecto de construción do treito entre A Ramallosa e a AC-241. Para esta actuación as contas de 2023 prevén investimentos plurianuais por importe de 63 M€.

 

Tamén conta con partida orzamentaria específica o desenvolvemento da urbanización dos ámbitos autonómicos do Campus do Mar na ETEA en Vigo, cunha achega de 5 millóns de euros en 2023 e investimentos no 2024 de 7 M€; ou o proxecto de mobilidade sostible na avenida de Beiramar, cun investimento de 2 M€ previsto para o vindeiro ano.

 

 

 

 

As actuacións en materia de estradas reciben a maior partida, cun investimento de preto de 77,6 M€, que permitirán avanzar na vertebración territorial coa construción de vías de altas prestacións e a mellora das estradas convencionais

 

 

 

 

Ademais promoveranse actuacións de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade, cunha partida específica de 1 M€ para as estradas autonómicas en Vigo; ou de 2 M€ para o acondicionamento das estradas PO-230 e PO-234, ao paso polos concellos de Cerdedo-Cotobade e Pontevedra, ou na PO-235, na Lama.

 

Nestes orzamento recóllense tamén distintas intervencións de mellora da mobilidade nas estradas da provincia. Resérvanse 500.000 euros a distintas actuacións na comarca do Morrazo, ou 1 M€ para a mellora na contorna da nova praza de abastos no concello de Sanxenxo.

 

Inclúense tamén nas contas as actuacións na travesía de Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade, ás que se destinará unha partida de 310.000 euros.

 

A Xunta mantén  unha partida orzamentaria para a Variante de Alba, en Pontevedra, de xeito coherente coa situación de estancamento na que se atopa esta infraestrutura ante a falta dunha alternativa de trazado que reúna os requisitos de ser funcional, de achegar seguridade viaria e de concitar o consenso social, algo no que a Xunta mantense aberta a colaborar co Concello na procura dese trazado.


 
A seguridade viaria mantense como materia prioritaria para a Consellería de Infraestruturas, que en 2023 destinará case 19 M€ a actuacións de conservación, vialidade invernal, mellora de firmes ou supresión de tramos de concentración de accidentes. Entre as actuacións recollidas destaca o acondicionamento da PO-329 no Porriño, cunha partida de 750.000 euros; a mellora da seguridade na PO-531 en Barro e a glorieta San Cosme na PO-331, en Mos, que suman unha partida de máis de 1 M€; ou senda peonil e ciclista na PO-841, na Estrada, para a que se reservan máis de 1,1 M€.

 

A aposta pola mobilidade sostible segue a ser un dos eixos de traballo da Consellería de Infraestruturas, que a través da Secretaría Xeral Técnica, inclúe un orzamento de máis de 6,5 M€ para a execución da 1ª fase da humanización da PO-546 en Estribela ou o inicio do acondicionamento da PO-546 entre Mollabao e Praceres. Tamén se inclúe a execución de sendas na PO-308 en Combarro, no concello de Poio, na PO-223 e na PO-224 en Xeve, en Pontevedra; a execución da 1ª fase de humanización da avenida de Galicia (PO-323) en Vigo e o inicio da execución da 2ª fase.

 

As contas manteñen as partidas necesarias para seguir co impulso das accións en materia de posta en valor e mellora da iluminación de pontes, cunha partida específica de 210.000 para a ponte Sampaio, no concello de Pontevedra.

 

Os Orzamentos do vindeiro ano recollen, ademais, partidas específicas para os sistemas de xestión de obras de paso, e de muros e noiros nas estradas da provincia. A partida específica na inspección e o mantemento preventivo dos elementos estruturais das estradas acada os 1,6 M€.

 

Ademais recóllese unha partida de case 1,4 M€ que se destinará á dixitalización das estradas autonómicas na provincia e ao plan de acción contra o ruído.

 

Infraestruturas sanitarias
A Consellería de Infraestruturas tamén continuará executando actuacións no ámbito dos equipamentos sanitarios, cuxos investimentos se recollen nos Orzamentos da Consellería de Sanidade.

 

Así, destacan as partidas de preto de 64€ para darlle o pulo definitivo ao novo Hospital Público de Montecelo, en Pontevedra; os máis de 7 M€ que se recollen para o CIS de Lalín; máis de 6 M€ para o CIS Olimpia Valencia de Vigo; ou os orzamentos consignados para o impulso do centro de saúde de Vilagarcía de Arousa.

 

Mobilidade
No eido do transporte, a Dirección Xeral de Mobilidade disporá o próximo ano dun presuposto de máis de 31 M€ na provincia, dos que máis de 22,8 M€ van dirixidos ao Plan de Transporte Público de Galicia na provincia de Pontevedra.

 

Son 1,6 M€ os consignados nas contas de 2023 para o Plan de transporte metropolitano de Vigo, cuxos beneficios se estenderán ao conxunto dos cidadáns de Galicia, coa implantación da Área de Transporte de Galicia.

 

Ademais as contas recollen un investimento de máis de 2,3 M€ para a tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos poden viaxar de balde poden viaxar gratis polos 313 concellos de Galicia en calquera das máis de 3.500 liñas de autobús renovadas da Xunta.

 

De xeito paralelo á mellora dos servizos de transporte público, a Xunta seguirá traballando no reforzo das infraestruturas que fomenten a intermodalidade, tanto nas cidades como nas vilas máis pequenas.

 

 

 

 

O Orzamento destina 2 M€ en 2023 as obras de fomento da mobilidade sostible na fachada marítima de Vigo

 

 

 

 

A este respecto, as contas reservan pequenas partidas para as últimas certificacións das obras da estación de autobuses na estación intermodal de Vigo (470.000 €), que non poderá entrar en servizo ata que o Concello acabe os accesos; e para as obras da  terminal de autobuses e a intermodalidade en Pontevedra, cuxas obras se están a ultimar (460.000 €).

 

A Xunta, ademais destas grandes centros de transporte público, tamén seguirá acondicionando as estacións de autobuses e paradas e renovando as marquesiñas para facilitar a mobilidade dos cidadáns.

 

Actuacións hidráulicas
En relación ás actuacións hidráulicas, Augas de Galicia contará cun orzamento de preto de 59,5 M€ para apoiar aos concellos na xestión eficiente, integral e profesional dos servizos da súa competencia de saneamento, abastecemento e depuración.

 

O Goberno galego continuará apostando polo saneamento das rías,  como no caso da de Pontevedra, para o que se recollen investimentos por máis de 10 M€. Destaca a partida de máis de 1,4 M€ do novo emisario submarino da depuradora dos Praceres ou os 3,13 M€ consignados para a mellora do saneamento no río Lameira, en Marín.

 

As contas dan un novo impulso no vindeiro ano a novas obras no marco do Plan de saneamento local da ría de Arousa realizado pola Xunta, con investimentos que superan os 15 M€, só no vindeiro ano.

 

As contas recollen, así, 1,1 M€ para a mellora do bombeo e colector de Cabanelas, en Cambados e Ribadumia, que comezará e rematará en 2023 a actuación; 3,79 M€ para a mellora da depuradora de Tragove, que permitirá duplicar a capacidade de tratamento das augas residuais de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa; e máis de 1 M€ para as obras de mellora do saneamento municipal de Cambados, xa licitadas.

 

Os orzamentos promoven, ademais, a mellora do saneamento de Vilagarcía de Arousa, cunha partida plurianual que supera os 9 M€, dos que case 7,6 M€ se consignan nas contas de 2023. Tamén se recolle un investimento de 1,53 M€ en 2023 para a mellora dos sistemas de saneamento e depuración na Illa de Arousa.

 

A Xunta seguirá avanzando na mellora do saneamento e depuración da ría de Vigo, en Soutomaior e Vilaboa, coa reserva de máis de 680.000 euros para o vindeiro ano nestes dous municipios.

 

 

 

 

Destacan as partidas da Xunta de 64 M€ para darlle o pulo definitivo ao novo Hospital de Montecelo, en Pontevedra, e os investimentos dirixidos aos Centros Integrais de Saúde de Vigo, con 6 M€, e de Lalín, ao que se destinarán máis de 7 M€

 

 

 

 

Ademais, resérvase unha partida de 700.000 euros para confinanciar a obra da depuradora de Ponteareas, declarada de interese xeral do Estado.

 

As contas permitirán executar as obras de mellora do saneamento do núcleo urbano de Lalín, cun novo tanque de tormentas e a execución de colectores, cunha achega para o ano 2023 de máis de 6,1 M€.

 

Ademais, avanzarase na mellora do saneamento e depuración de Salvaterra do Miño, cunha partida de 100.000 €; consígnase unha partida de 400.000 euros para actuacións de saneamento en Paradela e Reguengo, no concello de Caldas de Reis; e 200.000 € para dar continuidade co Concello de Campo Lameiro para o saneamento no núcleo de Reboredo.

 

Tamén se promoverá a mellora do abastecemento na Estrada, nos núcleos de Tabeirós e Nigoi, cun investimento de 410.000 €; e 1,49 M€ para a mellora do sistema de abastecemento de Arbo.

 

A xestión do risco de inundacións continuará sendo tamén unha materia estratéxica para Augas de Galicia, que en 2023 destinará a este fin máis de 2,3 M€ dirixidos a actuacións de prevención no concello de Baiona e na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns, no concello de Gondomar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.175

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.