GALICIA
O Concello de Mos complementa o seu Plan Anual de Asfaltados coa mellora de 3 camiños máis
Esta semana aprobouse en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación das obras de optimización da pavimentación e da seguridade viaria nos Camiños do Crasto (Guizán), Maravillas (Mos) e Estrada Olegario Rodríguez (Cela)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que esta semana aprobado en Xunta de Goberno Local o inicio do Expediente de Contratación de 3 novos asfaltados nas parroquias de Guizán, Cela e Mos, que se financiarán con fondos propios municipais e complementarán aos 17 asfaltados no termo municipal, que suman un total de 9 quilómetros de extensión, e que se acometeron este ano dentro do Plan Anual Municipal de Asfaltados.
Estes 3 novos asfaltados teñen un orzamento total de 200.058,56 euros e as obras fináncianse con fondos propios do Concello de Mos.
Os traballos consistirán na mellora da pavimentación en camiños municipais, que na actualidade presentan o pavimento en mal estado. As obras realizaranse na parroquia de Guizán no Camiño do Crasto, que ten unha lonxitude de 1.015,00 metros; na parroquia de Cela na Estrada Olegario Rodríguez Pérez, cunha lonxitude de 881,00 metros; e na parroquia de Mos no Camiño das Maravillas, que mide 740,00 metros. Sumando unha lonxitude total de mellora do firme de máis de dous quilómetros e medio, 2.636,00 metros, para ser exactos. Deste xeito Mos rematará o ano con 20 asfaltados acometidos dentro do seu Plan Anual Municipal e preto de 12 quilómetros asfaltados en total durante 2022.
Unha vez realizado o asfaltado nestes 3 camiños, procederase ao recrecido das tapas, das arquetas e pozos existentes en cada un deles.
A realización da mellora da pavimentación dos camiños municipais suporá a mellora da seguridade viaria nos mesmos. As obras incluirán actuacións previas como desbroce lateral, e limpeza de cunetas.
Os traballos de firmes e pavimentos consistirán na rehabilitación dos mesmos, que será acorde coa Instrucción de Estradas do Ministerio de Fomento.
As obras a realizar serán: regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración do asfalto, adoptándose en función do estado no que se atope cada un dos camiños, entorno ao 20 e o 30 % da superficie total. Recrecido: consistirá na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm de espesor, con áridos de desgaste, estendida e compactada. Previa a extensión de dita capa, realizarase unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica. Obras adicionais: as obras adicionais son as necesarias para realizar actuacións que non están englobadas na pavimentación, pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais considéranse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías. Ademáis tamén se realizará o pintado dos camiños para mellorar a seguridade viaria.
PLAN DE OBRA
Estímase un prazo aproximado para execución das obras de tres semanas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149