GALICIA
Impulso nas compras de proximidade en Galicia cos Bonos Activa Comercio
O programa permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras.
As persoas consumidoras disporán dun desconto de 30 euros nas compras que realicen nos establecementos adheridos
A segunda edición dos Bonos Activa Comercio, unha iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e reactivar o sector comercial, permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras, fomentando deste xeito o consumo no comercio de proximidade.
![[Img #78242]](https://xornal21.com/upload/images/10_2022/719_comercio_3.jpg)
Mediante este programa impulsado pola Administración autonómica que se porá en marcha nas próximas semanas, os clientes poderán acceder a un bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.
A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros á segunda edición deste programa co obxectivo de dinamizar a actividade comercial
Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. O período de validez dos bonos estenderase ata o 15 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo.
![[Img #78244]](https://xornal21.com/upload/images/10_2022/6066_comercio_2.jpg)
Con esta iniciativa, de cuxa primeira edición se beneficiaron máis de 230.000 clientes, búscase continuar estimulando as vendas, sobre todo no pequeno comercio, e incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio retallista, contribuíndo a paliar o impacto da actual situación económica.
Con esta iniciativa, de cuxa primeira convocatoria se beneficiaron máis de 230.000 clientes, búscase incrementar o fortalecemento deste sector
Cun orzamento que alcanza os 5 millóns de euros, este programa da Xunta de Galicia súmase ás distintas liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos galegas.
O programa permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras.A segunda edición dos Bonos Activa Comercio, unha iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e reactivar o sector comercial, permitirá mobilizar máis de 17 millóns de euros en compras, fomentando deste xeito o consumo no comercio de proximidade.
![[Img #78242]](https://xornal21.com/upload/images/10_2022/719_comercio_3.jpg)
Mediante este programa impulsado pola Administración autonómica que se porá en marcha nas próximas semanas, os clientes poderán acceder a un bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.
A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros á segunda edición deste programa co obxectivo de dinamizar a actividade comercial
Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. O período de validez dos bonos estenderase ata o 15 de decembro, salvo esgotamento previo do seu saldo.
![[Img #78244]](https://xornal21.com/upload/images/10_2022/6066_comercio_2.jpg)
Con esta iniciativa, de cuxa primeira edición se beneficiaron máis de 230.000 clientes, búscase continuar estimulando as vendas, sobre todo no pequeno comercio, e incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio retallista, contribuíndo a paliar o impacto da actual situación económica.
Con esta iniciativa, de cuxa primeira convocatoria se beneficiaron máis de 230.000 clientes, búscase incrementar o fortalecemento deste sector
Cun orzamento que alcanza os 5 millóns de euros, este programa da Xunta de Galicia súmase ás distintas liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e incentivación do consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos galegas.




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217