GALICIA
Suma de esforzos para reducir a sinistralidade nas estradas: Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025
O plan fixa o obxectivo de reducir o 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías con respecto a 2019, e a redución do 25% dos falecidos e feridos graves en usuarios vulnerables como os peóns, ciclistas e motoristas
O Consello da Xunta de Galicia aprobou recentemente o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que incorpora a ‘visión cero’ vítimas nas estradas autonómicas. Este lema da ‘Visión cero´, marca o horizonte perseguido pola Xunta coas medidas que se desenvolverán no marco do Plan ao longo dos vindeiros anos, de redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que se aproxime a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico.
O Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025 da Xunta propón uns ambiciosos obxectivos de redución da sinistralidade, tendo como metas principais unha redución do 25% do número de falecidos e feridos graves nas vías interurbanas e nas travesías en Galicia con respecto a 2019.
Tamén incorpora como meta acadar no vindeiro período a redución do 25% falecidos e feridos graves dos usuarios máis vulnerables das estradas: peóns, ciclistas, usuarios de ciclomotor e motociclistas en Galicia, con respecto aos datos de 2019.
O concepto ‘sistema seguro‘ asume que, aínda que se sigan producindo sinistros, se poden minimizar as súas consecuencias
O documento enmárcase nas estratexias actuais de carácter nacional e internacional de seguridade viaria e na aplicación dos principios de ‘visión cero´, para a redución de vítimas e falecidos por accidentes nas estradas galegas.
Xunto ao enfoque ‘visión cero´, o ‘sistema seguro‘, é outro dos conceptos fundamentais que recolle o plan. Este sistema baséase en que os falecidos e feridos graves en accidentes de tráfico non son unha consecuencia inevitable da mobilidade.
Deste xeito, o novo Plan de seguridade viaria asume que, aínda que se sigan producindo sinistros, poden reducirse e minimizarse as súas consecuencias máis graves implementando o deseño e mantemento das infraestruturas viarias, vehículos con máis e mellor equipamento de seguridade, actuacións de mellora da seguridade viaria, etc.
![[Img #78246]](https://xornal21.com/upload/images/10_2022/6852_p03_vehiculo-ruedas.jpg)
Seguridade viaria
Dentro do plan e en aliñación coas directrices do Plan global para a década de acción para a seguridade viaria 2021-2030, o novo Plan de seguridade viaria de Galicia define 10 grandes retos para o período 2022-2025, onde se clasifican as diferentes accións que se van levar a cabo, co impulso das distintas consellerías da Xunta de Galicia e a colaboración doutras entidades e axentes sociais.
Estes retos buscan a redución de accidentes e das súas consecuencias desenvolvendo accións específicas dirixidas aos usuarios vulnerables: peóns, ciclistas, motoristas; á mellora de actitudes; á eliminación dos treitos de concentración de accidentes; á prevención dos accidentes máis graves; e á mellora da asistencia ás vítimas e aos grupos ou situacións de especial risco ou vulnerabilidade.
O plan traballa así en todos os ámbitos que afectan a seguridade viaria: non só se trata de mellorar as infraestruturas, senón tamén de promover a educación e formación viaria, mellorar o comportamento, garantir o bo estado dos vehículos, priorizar a seguridade viaria no lugar de traballo.
O Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025 do Goberno galego incorporou un proceso de participación cidadá. Ademais das administracións implicadas, participaron diversos axentes sociais, que achegaron as súas suxestións ao plan. Adicionalmente, o plan someteuse a unha consulta e participación pública para que toda a sociedade puidese trasladar as súas achegas.
Así a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, fai un chamamento ás administracións e ao conxunto da sociedade a practicar a ‘Visión Cero’ para reducir ao mínimo posible as vítimas en accidentes de tráfico e acadar unha mobilidade segura para todos.
Destaca, ademais, a importancia do intercambio de información e a suma de esforzos para reducir a sinistralidade nas estradas, un fin común de todas as administracións para acadar unha mobilidade segura, xa que a seguridade viaria é responsabilidade de todos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104