Galicia
O Grupo Socialista acusa á Xunta de non facer “nada” para preparar a transición enerxética
A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou esta semana o desleixo do goberno galego a prol da transición enerxética logo de levar os últimos 13 anos “durmidos nos loureiros”. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Planificación Enerxética para informar sobre a Axenda Enerxética 2030, pero sen explicar “que van facer, como van facer nin cales son as medidas que pretenden executar”.
Rodríguez Rumbo criticou a opacidade do goberno galego, que solicitou a comparecencia de hoxe sen entregar a documentación no Parlamento, unha mostra, dixo, de que “plasman as súas ideas no papel, pero cando teñen que traballar non fan nada: moito pico e pouca pala”. Lamentou que presenten un discurso triunfalista sen base que acredite as medidas que debería ter posto en marcha o goberno galego.
Ao remate da comparecencia, a responsable socialista viuse obrigada a reclamar pola vía formal do artigo 9 do Regulamento do Parlamento a dita Axenda Enerxética de Galicia con recursos e prazos, ademais dos eixos e medidas previstas polo goberno galego, diante da negativa do goberno galego a achegar a información.
Rodríguez Rumbo debullou a un goberno galego “sentado a ver como pasa o tempo” mentres contemplan como outras comunidades autónomas si que aproveitan as súas potencialidades para desenvolver as enerxías renovables “mentres Galicia non ten feito nada”. Sinalou que a Xunta respondeu con pasividade mentres o goberno do Estado aprobaba en maio de 2021 a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética e o Plan Integrado de Enerxía e Clima.
É o caso, sinalou, do fiasco do desenvolvemento eólico perpetrado pola Xunta de Galicia, que vén de pedir un novo aprazamento para os 100 puntos de conexión dos que dependen boa parte dos proxectos de enerxía eólica e que ían caducar o próximo 23 de xaneiro logo de 5 anos paralizados. Reclamoulle ao goberno galego que no canto de ter aos promotores agardando durante anos, designen aqueles que sexan inviables para permitir que se retiren

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104