GALICIA
UGT-Galicia asegura que "a reforma laboral potencia a calidade do emprego"
A EPA do terceiro trimestre de 2022 reflicte o continuo aumento das persoas con contratos indefinidos, 26.600 máis respecto ó trimestre anterior e no ano 77.500 máis
Os datos da EPA do terceiro trimestre do ano, publicados polo INE, mostran unha cifra total de 135.000 desempregados en Galicia, un 3,3% menos que no trimestre anterior, situando a taxa de paro en 10,8%. Pola súa banda, o número de ocupados increméntase nun 0,8%. Non obstante, en relación ao mesmo trimestre do ano anterior, o número de desempregados aumenta nun 6,4%.
UGT-Galicia resalta que a estatística continúa confirmando o cambio de tendencia que xa se apuntaba nos trimestres anteriores respecto á calidade do emprego que está a ser creado. Desta maneira, desde a aprobación da nova reforma laboral, é posible observar que o emprego indefinido séguese mantendo como a modalidade por excelencia na contratación, corrixindo a excesiva temporalidade que caracterizaba as relacións laborais no noso país e incentivando a estabilidade no emprego.
A pesar destes bos datos cualitativos, UGT continúa reclamando a mellora dos dereitos das persoas traballadoras, ademais da posta en marcha de todos os medios posibles para reducir aínda máis o número de persoas que se atopan en situación de desemprego, con especial atención a aquelas que o están desde hai máis tempo.
Neste sentido, por unha banda, ademais de incrementar o traballo indefinido, resulta imprescindible mellorar as condicións nas que este se desenvolve, modificando os aspectos que aínda perduran da reforma laboral de 2012, como as causas e a indemnización dos despedimentos. Isto xeraría maior estabilidade na contratación indefinida e maior protección e seguridade ás persoas nos seus postos de traballo.
Igualmente, non haberá emprego de calidade sen salarios suficientes. UGT denuncia que, en 2022, seguen incrementándose moi por baixo da inflación: os de convenio tan só fixérono un 2,6% ata setembro, mentres que o IPC atópase no 8,9%. Unha diferenza que está a supoñer unha grave deterioración da capacidade adquisitiva da
Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores
Comisión Executiva Nacional
clase traballadora, que pode acabar tendo nocivas consecuencias para o conxunto da economía, ao lastrar o consumo, e por suposto, para miles de familias que xa teñen dificultades para chegar a final de mes.
A Lei de Emprego debe impulsar o emprego de calidade
O sindicato reclama a necesidade de seguir reducindo o paro de longa duración, isto é, o número de persoas desempregadas que levan buscando emprego desde fai máis dun ano. Unha cifra que aínda continúa sendo moi elevada, contabilizándose 49.700 persoas que levan no desemprego máis dun ano, o 42,2% do total de persoas desempregadas. Isto, en definitiva, significa que as Políticas Activas de Emprego non están a ser todo o efectivas que poderían ser á hora de axudar ás persoas desempregadas a atopar un traballo.
Neste aspecto, UGT-Galicia considera que a nova Lei de Emprego debería ser capaz de emendar moitas das súas deficiencias, regulando e establecemento un sistema de financiamento adecuado e suficiente para que o persoal técnico dos Servizos Públicos de Emprego poida desempeñar o seu labor con eficacia, provendo os servizos necesarios para que verdadeiramente se identifiquen as necesidades particulares de cada persoa desempregada e ofrecéndolles, en consecuencia, aquelas accións e programas que mellor se adapten ás súas traxectorias profesionais.
Radiografía da EPA en Galicia
Os datos amosan que hai en Galicia 1.300 ocupados máis con respecto ó mesmo trimestre do ano anterior (un 0,1%) e, en relación ó segundo trimestre de 2022, hai unha mellora da ocupación, con 8.600 persoas máis.
Aínda así, aínda que a EPA amosa unha certa remisión dos efectos da pandemia, Galicia segue presentando peculiaridades dun mercado laboral pouco dinámico, cunha taxa de actividade de tan só o 53,3%, fronte ó 58,86% do resto do Estado.
Interanualmente, o paro medrou en 8.100 persoas, o que supón o 6,4%. E, en relación ó trimestre anterior, o paro baixou un 3,3%, en 4.600 persoas.
Así, a taxa de paro queda en Galicia, con 135.000 persoas desempregadas, no 10,8%. No caso dos homes esta taxa é do 9,8% e do 11,8% no caso das mulleres. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 32,4%.
Por sectores, o emprego mellora na agricultura e pesca, cunha suba da ocupación dun 7% (4.500 ocupados máis), no sector servizos, cun aumento do 0,2% (1.600 ocupados máis), na industria, nun 0,7% (1.200 ocupados máis), e na construción, nun 1,8% (1.300 ocupados máis). En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, a ocupación baixa na agricultura e pesca (2,8%), industria (1,3%) e sube na construción (5,9%) e no sector servizos (0,2%).
Hai en Galicia un total de 911.600 asalariados, mellorando con respecto ó trimestre anterior, en 12.100 (1,3%), e ó ano, 9.100 (1%).
Comisión Executiva Nacional
A reforma laboral segue a dar os seus froitos cunha taxa de temporalidade que mellora. Cae ata o 18,3%, case en dous puntos en relación ao trimestre anterior, cando era do 20,1%. Dáse un aumento no trimestre da poboación asalariada con contrato indefinido, do 3,7%, e unha caída dos temporais, dun 8%. No ano tamén comeza a notarse a estabilidade do emprego, aumentando a poboación asalariada con contrato indefinido nun 11,6% e baixando a temporal nun 29,1%.
O que si hai que salientar é que a parcialidade segue a estar en niveis altos, do 13,3%, sendo o 49,3% da mesma de carácter involuntario.
Difícil situación para moitos fogares e máis de 49.700 persoas que levan máis dun ano no desemprego
Outro dos nubarróns da radiografía da situación do emprego en Galicia é a situación dos fogares e o paro de longa duración. Ambas situacións levan á vulnerabilidade de moitas familias.
Hai en Galicia un total de 50.800 fogares con, polo menos, unha persoa activa e nos que todos os seus membros activos están en desemprego. E 24.700 fogares que non perciben ingresos.
Das 135.000 persoas que están no desemprego, 49.700 levan máis dun ano nesta situación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104