GALICIA
O Bono Activa Comercio da Xunta esgótase en tan só tres días,
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembrou hoxe na Coruña que os beneficiarios teñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade, contribuíndo así á súa dinamización
O Bono Activa Comercio da Xunta esgotouse en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas de cidadáns que contan xa co seu desconto de 30 euros para empregar no comercio de proximidade. Así o sinalou o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que visitou hoxe na Coruña diferentes establecementos participantes nesta iniciativa, á que a Xunta destina 5 millóns de euros co obxectivo de mobilizar 17 millóns de euros en vendas.
Os beneficiarios teñen agora ata o 31 de decembro para empregar os descontos nos establecementos adheridos, que son xa preto de 5.200 e que poden seguir sumándose ata o próximo 30 de novembro. A Coruña é a provincia con máis tendas inscritas ata a data, cun total de 1964 negocios.
A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto é de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.
Ata o de agora, coa segunda edición do Bono Activa Comercio xa se mobilizaron vendas por 1,4 millóns de euros, tal e como subliñou o director xeral de Comercio e Consumo, que lembrou que esta iniciativa busca impulsar as compras no comercio de proximidade, atraendo clientela aos establecementos locais. Ao mesmo tempo, contribúese a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104