GALICIA
Outono azul no comercio galego
A Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e ABANCA poñen en marcha a edición de outono 2022 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”.
Trátase da décima edición desta coñecida iniciativa comercial, que ten por obxectivo potenciar, fomentar, estimular e impulsar o comercio de proximidade galego; poñendo en valor o seu importante papel económico e social e contribuir á súa dinamización e recuperación tras a crise provocada pola pandemia Covid 19 e posteriormente pola suba desorbitada da inflación e a súa directa repercusión sobre o consumo.
Deste xeito, a Federación Galega de Comercio pretende con esta campaña darlle unha pincelada de cor ó outono, facéndoo máis azul, alegre e motivador para os clientes. Ademáis, supón un incentivo ao poder gañar un dos atractivos premios a sortear nesta iniciativa, ao que se suma neste momento os Bonos Activa Comercio, co que os consumidores poden ademáis beneficiarse de descontos directos nas súas compras.
A edición de outono de Días Azuis do Comercio Galego desenrolarase entre o 1 e o 20 de novembro, coa colaboración dos establecementos de máis de 150 asociacións da nosa Comunidade Autónoma. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 12.000 euros, repartidos nun total de 64 tarxetas prepago regalo, de 250 e de 150 euros. Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com.
“Días Azuis do comercio galego” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia - Consellería de Economía, Industria e Innovación. Conta coa colaboración de ABANCA, entidade que aporta os premios; así como das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104