NIGRAN
Dimite a edil de cultura de Nigrán
A seguinte persoa que a sucedería na lista é Mariluz Pérez Vidal, veciña de Camos xubilada
O goberno de Nigrán agradece o traballo realizado durante o pasados tres anos e medio pola ata agora edil de Cultura, Nuria Lorenzo, tras anunciar a súa dimisión e entrega da acta do PSOE durante a celebración do pleno ordinario do mes de Outubro. O alcalde de Nigrán, Juan González, en nome do seu equipo, trasládalle os mellores desexos na súa vida profesional e privada e recoñece a súa labor durante todo este mandato pese a todas as diferencia que puideran ter. A partir de agora o rexedor asumirá de xeito directo a xestión da carteira de Cultura, tal e como fixo no goberno 2015-2018.
A seguinte persoa que a sucedería na lista de goberno é Mariluz Pérez Vidal, veciña de Camos vicepresidenta da Asociación Cultural 'A Camoesa' e xubilada tras exercer na súa vida laboral como cociñeira nun catering escolar da ensinanza pública. "Mari Luz é unha persoa moi participativa da parroquia de Camos, onde actualmente forma parte da directiva de 'A Camoesa', e estamos moi satisfeitos de encarar xunto a ela a recta final deste mandato", resume González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61