Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 07 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O mercado de Nadal do Rosal quenta motores

O Concello abre este luns 7 de novembro o prazo de inscrición para participar neste espazo que se celebrará o 3 e 4 de decembro

O Nadal quenta motores no Rosal. O Concello abre este luns 7 de novembro ás 09.00 horas o prazo de inscrición para participar no mercado de Nadal, “un espazo de oportunidades para as persoas que realizan traballos relacionados coa artesanía e o deseño, un lugar que permite visibilizar o traballo e talento creativo e innovador das persoas creadoras, artistas e artesás”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.


O mercado de Nadal celebrarase os días 3 e 4 de decembro no salón de exposicións do Concello de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. As persoas interesadas en ter un posto nel deberán presentar a súa solicitude de participación por Rexistro de entrada ata o vindeiro 22 de novembro. O mercado está aberto a asociacións sen ánimo de lucro, vendedores e vendedoras de produtos gastronómicos (repostería, mel, queixos, marmeladas, turróns...) e persoas artesás dedicadas a diferentes sectores como roupa, complementos, xoguetería, deseño gráfico, fotografía, ilustración e deseño doutros produtos en xeral.


Haberá un máximo de 15 postos que se concederán por estrito orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello. Soamente se dará un único posto por participante, que deberá traer a súa propia instalación e decoración, que deberá ser o máis atractiva posible e axeitada á temática de nadal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.