Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 09:43:05 horas

Xornal21.es
Domingo, 06 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O PP "preocupado pola ruptura e o cisma interno no Goberno local"

Sinalan que a dimisión da concelleira de Cultura súmase a outros concelleiros que amagaron anteriormente con dimitir

O Partido Popular amosa a súa preocupación pola ruptura, o cisma interno e as dimisións no Goberno local, que "están provocando un espectáculo lamentable do alcalde" aseguran.

 

“O Goberno está máis preocupado e centrado en tapar e esconder os conflictos internos dentro do seu propio equipo que en xestionar e ofrecer solucións aos veciños nuns meses moi complicados”, sinalan os populares. Din que quedan seis meses ata as eleccións de maio e Nigrán nin pode nin merece ter un Goberno e un alcalde ausentes, e aínda menos coa crise económica que está afogando a fogares e autónomos. “Necesitamos un partido unido, centrado e que xestione, e o que temos é un alcalde que minte, que xestiona por inercia e que prima a improvisación, segundo din os seus propios concelleiros”.

 

Consideran que as acusacións son moi graves: “falan de aleccionamento dos funcionarios para defender os intereses e mandatos do alcalde; de irregularidades, de ocultación de información pública...”.

 

Ademais, recordan que a dimisión da concelleira de Cultura non é o primeiro conflito interno que ten o Goberno local. Antes desta renuncia xa houbo outrso concelleiras que amagaron con dimitir polo trato e ninguneo do alcalde.

 

ESCOLA DE MÚSICA
O Partido Popular pedirá tamén explicacións en pleno pola denuncia feita pola ex concelleira de Cultura. “Queremos que dean a cara polo trato de favor na contratación de persoal para a Escola de Música, seleccionando, supostamente, profesores sen a titulación musical esixida e que se informe tamén do trato discriminatorio contra a anterior mestra de piano. É intolerable”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.