Sábado, 02 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 21:56:01 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 07 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Seis novas accións formativas de Smartpeme

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación ofrece cursos sobre ciberseguridade, infoprodutos, usos do Tik Tok e programación

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta  semana catro novas formacións impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como a importancia das copias de seguridade, gañar subscritores grazas a un lead magnet, aproveitamento do Tik Tok nas empresas e programación con Arduino.

 

Hoxe  luns 7 de novembro, Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o curso “Ciberseguridade, copias de seguridade”. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de ter os datos nunha copia de seguridade para evitar situacións de perda ou roubo.

 

O martes 8, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, Fátima Faílde, impartirá o taller “Infoprofutos II: Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores”. Explicará como aumentar os contactos a través dos chamados “lead magnet”, regalos ou incentivos fundamentais para o crecemento óptimo de calquera negocio. Tamén se afondará en como deseñalos e incluír un formulario de subscrición na web para facer medrar as listas.

 

O mércores 9 de novembro, María Aller, postgraduada en Comunicación Corporativa, contará como sacarlle ó máximo partido a unha das redes sociais máis populares do momento: Tik Tok, que se converteu nunha ferramenta moi interesante para marcas e empresas. Todo este contido no obradoiro “Como usar Tik Tok na túa empresa”.

 

Finalmente, o xoves 10, impartirase o taller “Programación con Arduino II. Teórico I”. Este curso forma parte dun itinerario que ten como obxectivo de iniciarse e adquirir soltura cunha das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, mediante talleres teóricos en liña e talleres prácticos para experimentar o aprendido. Esta formación componse de 5 talleres, 3 deles teóricos online e 2 prácticos presenciais de 4 horas. O curso será impartido, de novo, por Manuel Freire.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.13

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.