GALICIA
A Xunta destaca o traballo da Asociación Avelaíña na atención a persoas con enfermidade mental no rural
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta semana esta entidade integrada en Feafes
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta semana a sede da asociación Avelaíña onde destacou o seu traballo na atención a persoas con enfermidade mental en zonas do rural. O Goberno galego mantén un convenio de colaboración con esta entidade, integrada na Federación de Asociacións de Familias e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes).
A Xunta destina a este proxecto un orzamento de 150.000 euros que permite a posta en marcha de actividades que garantan o seu acceso a actividades especializadas, vivan onde vivan, e que fomenten o seu desenvolvemento socioeducativo. O director xeral lembrou a estreita colaboración do Goberno galego co tecido social para fomentar unha vida activa e participativa das persoas con discapacidade.
Neste sentido, destacou que os orzamentos do Executivo autonómico para o vindeiro ano 2023 destinan 165,2 millóns de euros a atención á discapacidade, un 16% máis que no vixente exercicio. Isto demostra, apuntou, que a Xunta seguirá estando ao lado das persoas con discapacidade dándolle o apoio e a axuda que necesitan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44