GALICIA
Rueda destaca a colaboración público privada nos fondos europeos
O presidente da Xunta interveu na I Xornada Divulgativa da Sociedade Impulsa Galicia
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe o papel da colaboración público-privada na consecución dunha Galicia xeradora de riqueza e salientou a importancia que neste senso supón a “enorme oportunidade” dos fondos europeos de reconstrución.
“As empresas teñen que ser aliadas, e moito máis neste momento. Non deben ser vistas como chibos expiatorios cando crean riquezas. E a Xunta procura iso”, argumentou Rueda na súa intervención en Santiago de Compostela na I Xornada Divulgativa da Sociedade Impulsa Galicia, única no mapa autonómico e da que gabou o seu éxito tras ser creada en 2021 nunha alianza entre a Administración autonómica e empresas punteiras.
Para avalalo, destacou que as iniciativas maduradas ao abeiro dela suman xuntas “millóns de euros de investimento e a previsión da xeración de milleiros de postos de traballo”, en referencia a proxectos, como a planta de fibras téxtiles de Altri para Palas de Reis; a planta de biometano e fertilizantes a partir de xurros, da man de Repsol, Naturgy e Reganosa; ou a planta de hidróxeno verde impulsada por Reganosa e EDP Renovables, nas Pontes, declarada pola Xunta como Estratéxica.
“Son proxectos viables, realistas e poden ser feliz realidade e fonte de riqueza para toda Galicia”, defendeu Rueda, quen asegurou que se trata de iniciativas “radiais” de cuxas vantaxes se pode beneficiar non só a nosa Comunidade, senón toda España.
Demanda de certezas e implicación do Goberno central
Por iso, neste intre, Rueda considerou que agora toca a implicación do Goberno central, a través dos fondos europeos para a consecución de financiación destes proxectos “potentes e realistas”. “Desde aquí fixemos exactamente todo o que se nos demandou desde Bruxelas e Madrid”, aseverou.
Ante esta situación, o presidente da Xunta anunciou que, na reunión que manterá esta mesma tarde coa vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, lle pedirá que se dean “certezas” nas cantidades e prazos da financiación para estes proxectos “polos que vale a pena apostar”.
“Man tendida”
“Irei con toda a boa intención en nome de Galicia, sen vontade de liortas”, asegurou Rueda, quen avanzou que o Goberno galego vai a este encontro coa “man tendida” para insistir no cambio de modelo e a descentralización ás CC.AA. dos fondos europeos. O obxectivo, segundo precisou, é evitar o “colo de botella” durante a tramitación destes fondos e, deste xeito, garantir que, coa financiación a través dos Next Generation, “os cartos cheguen canto antes” aos proxectos. “Non están fluíndo como deberían”, censurou.
Por iso, advertiu de que, ao igual que “segue correndo” o calendario para facer uso destes fondos comunitarios, tamén os trámites “deberan estar a correr á mesma velocidade”. “Agardo esas certezas”, engadiu para concluír.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168