SALCEDA DE CASELAS
Santiago Rodríguez candidato único a presidir o PP de Salceda de Caselas
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e o voceiro de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez, son os únicos candidatos para presidir as súas respectivas xuntas locais, cuxos congresos se celebran o sábado 26 e o domingo 27 de novembro, respectivamente.
Así o ratificaron as Comisións Organizadoras dos Congresos, unha vez rematado o prazo para que os afiliados interesados presentasen as súas candidaturas e os apoios mínimos que marca o regulamento do cónclave.
No caso de Portas, a COC está integrada por Víctor Estévez Casal, como presidente, Alfonso Vázquez Reboredo e Ana María Peña Maquieira, que validaron a candidatura única de Ricardo Martínez tras cuadriplicar o número mínimo de avais esixidos.
Con respecto a Salceda de Caselas, a comisión está formada por Joaquín Núñez Troncoso, como presidente da comisión, da que tamén forman parte Vanessa Rocha Núñez e Ana Cristina Pérez Cabaleiro. E tamén confirmaron a candidatura única de Santiago Rodríguez tras superar os 120 apoios, moi superior ás sinaturas mínimas necesarias.
A partir de agora, os candidatos iniciarán unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados para explicar o seu programa para presidir a xunta local e presentar os seus equipos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11