Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 12 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
OIA

A modificación puntual urbanística permitirá recuperar o mosteiro de Oia

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo mantivo unha xuntanza esta semana coa alcaldesa e varios técnicos municipais

A Xunta e o Concello de Oia reuníronse esta semana co fin de analizar a situación actual da modificación urbanística promovida polo Goberno local para permitir a recuperación do Real Mosteiro de Oia e tratar de impulsar a súa tramitación nos vindeiros meses.

 

A tal fin, a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, trasladoulle á alcaldesa, Cristina Correa, ao propietario do Mosteiro de Oia, Juan Martínez, e aos técnicos municipais que os acompañaron durante a xuntanza cales son os principais pasos a seguir tanto desde o punto de vista urbanístico como ambiental para poder avanzar cara á aprobación definitiva dos cambios propostos nas Normas Subsidiarias que rexen neste concello desde o ano 1996.

 

 

 

 

Encarnación Rivas informou dos pasos urbanísticos e ambientais a seguir co fin de axilizar a aprobación dos cambios nas normas subsidiarias que rexen neste concello

 

 

 

 

Así mesmo, Rivas púxose á disposición do concello para resolver calquera posible dúbida que poida xurdir a partir de agora con relación a esta modificación urbanística, así como para colaborar na medida do posible co fin de contribuír a axilizar os trámites dependentes do seu departamento.

 

Cómpre subliñar que os cambios normativos que quere acometer o Concello teñen como obxectivo, entre outras cuestións, dar amparo urbanístico ao proxecto de recuperación do Real Mosteiro de Oia, unha construción que data do século XII e foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1931.

 

Pertencente á época cisterciense, trátase dun conxunto arquitectónico cun gran valor histórico e patrimonial, de aí o interese municipal por facilitar un encaixe normativo axeitado para o proxecto, que prevé rehabilitar o mosteiro e tamén a súa contorna.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.