Viernes, 01 de Mayo de 2026

Actualizada Viernes, 01 de Mayo de 2026 a las 13:42:06 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 16 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:
TUI

Hoxe produciranse cortes nos enlaces da A-55 e Areas debido ás obras

Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo dende as 22 horas de hoxe ata as 6 horas do xoves

A execución das obras do treito da VAC Tui-A Guarda entre os enlaces da autovía A-55 e de Areas fará necesario un corte de tráfico na madrugada de hoxe.


Esta afección ao tráfico, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55, levarase a cabo dende as 22 horas de mañá ata as 6 horas do xoves.


O obxectivo é a montaxe das vigas prefabricadas que conformarán o tableiro de 46 metros de longo, necesario para a construción dun novo paso superior que dea servizo ás vías locais do Concello de Tui, en substitución do existente.

 

Para a realización destes traballos en condicións de seguridade, cómpre o corte total de ambas as calzadas da autovía durante a vindeira noite.

 

Co fin de poder dar servizo a ambos os sentidos de circulación polo itinerario alternativo, desde a saída 29, sentido Portugal, usarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e logo á N-551, discorrendo polo termo municipal de Tui; sendo o mesmo percorrido en sentido Porriño, pero á inversa.


A intervención fará necesario un segundo corte de tráfico, previsto entre o venres 25 e o domingo 27, para acometer a demolición do paso superior.

 

Estes traballos forman parte da execución da VAC Tui- A Guarda, entre os enlaces da A-55 e Areas, que se prevé poñer en servizo a mediados de 2023, tras un investimento autonómico de 21 M€.

 

No que se refire á execución das obras, este tramo xa conta cos traballos previos practicamente rematados e o movemento de terras ao 75%.

 

Na actualidade está a avanzar o estendido da capa intermedia de firmes no tronco da VAC, quedando pendente a actuación dos catro ramais de entrada e saída.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.