Vigo
Vigo terá conexión aérea con Londres
Abel Caballero anunciou que o Concello está a preparar un concurso público para a promoción turística en destino, nesta ocasión con Londres, que terá 3 frecuencias semanais en temporada alta.
Vigo terá conexión aérea con Londres. O Concello está a preparar o concurso público para a promoción turística de Vigo a través da conexión aérea directa coas principais cidades europeas.
Abel Caballero anunciou que o destino seleccionado é Londres “porque se presta moito ao turismo de escapada, negocios, eventos, familiar e gastronómico e é tan demandado”. A campaña incluirá a difusión de Vigo a través de medios dixitais.
O alcalde explicou que a idea é que Vigo e Londres estean conectadas todo o ano, con 3 frecuencias semanais en temporada alta e 2 en temporada baixa. Isto é, do 1 de abril ao 31 de outubro e do 1 de novembro ao 31 de marzo, respectivamente. Vigo e a capital do Reino Unido estarían conectadas a partir do 1 de abril de 2023 e manteríase a conexión durante 3 anos.
“O Nadal atrae persoas de todas as partes, nós mesmos enviamos cada ano 1.000 rapaces e rapazas a aprender inglés a Reino Unido”, insistiu o rexedor na importancia da conexión aérea a promoción de Vigo no país anglosaxón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163