Vigo
“Libres e feministas contra as violencias machistas” será o lema de Vigo no 25N
O alcalde participou na presentación dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra as mulleres.
Abel Caballero sinalou no acto de presentación que “se trata dunha acción da máxima importancia, que conta con todo o apoio municipal”, contando coa presenza de Uxía Blanco, concelleira de Igualdade, e as integrantes da Comisión de Traballo para organizar os actos do 25N: Ángeles Arias; Rosa Chantada; Rosario Otero; Mercedes Fernández e Elena Rodríguez.
O programa municipal desenvolverase dende o próximo martes 22 de novembro ata el 2 de decembro. O acto central na cidade celébrase o venres 25 de novembro co “Enlaza Vigo 2022 contra a violencia de xénero”, que entre as 10.30h e as 12:30h celebra a Feira Educativa dirixida ao alumnado de secundaria, Bacharelato e ciclos de FP no Auditorio Mar de Vigo e ás 20:00h coa manifestación convocada por Feminismo Unitario de Vigo, que sairá dende o cruzamento de Urzáiz con Vía Norte.
O Concello tamén organiza as xornada formativas 25N o 1 e 2 de decembro, con relatorios presenciais, entre as 17 a 20:30 horas, no Auditorio Municipal, con inscrición previa. As charlas correrán a cargo de: Natalia Tejera (sobre a Lei orgánica de garantía da liberdade sexual); Ana Isabel Bernal Triviño (“Violencias machistas e bulos en medios de comunicación”); Rosana Izquierdo (sobre a detección da violencia de xénero na atención primaria). Ademais haberá dúas mesas redondas, a primeira sobre os programas municipais de prevención e atención á violencia de xénero dirixidos a infancia e mocidade, e a segunda co título “Por que son necesarias políticas abolicionistas da prostitución? A ética feminista fronte á cultura da violación”.
En canto ao resto de actividades, o martes 22 novembro as 20:00h proxectarase no MARCO o filme documental “Voar” de Berta Gaztelumendi. Nos dous días seguinte ás 20:00h presentase no Auditorio Municipal a obra de teatro “Comando Comadres” da compañía Matrioshka e proxectarase “Custodia compartida”, unha película de Xavier Legrand. A semana seguinte, o martes 29 de novembro as 20:00h, o MARCO acollerá a proxección do curto “Mente” de Isabel Ocampo e de “16 de decembro” de Alberto Gago.
O peche de actividades será o vindeiro venres 2 de decembro, o Auditorio Municipal acollerá as 20:00ho concerto de “A banda dá Loba”, con entrada libre ata completar aforo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163