TUI
Máis de 130 persoas participan esta temporada no programa Cultiva a Mente
Desenvólvese en nove parroquias tudense en colaboración con AFAGA
Gran acollida novamente nesta temporada ao programa Cultiva a Mente posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia.
Este ano o programa estendeuse a un total de 9 parroquias tudenses nas que 134 persoas traballan semanalmente en activar a memoria, reciben consellos saudables para o cerebro, e ao tempo que se fomenta a socialización entre as persoas maiores de 55 anos que participan nesta actividade que se prolongará até xuño de 2023. En boa parte dos grupos hai lista de agarda. Desenvólvese en Areas, Caldelas, Guillarei, Malvas, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro.
“Cultiva a Mente” púxose en marcha en 2019 desenvolvéndose inicialmente en cinco parroquias, e este ano ante a demanda rexistrada chega á a nove centro culturais. O obxectivo do concello de Tui era poder prestar descentralizar a atención psicosocial podendo achegar estes servizos tamén ás parroquias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57