Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Noviembre de 2022 Tiempo de lectura:

Sabotaxe na captación de auga potable en Ponte Cordeiro, Salvaterra

A semana pasada o Concello de Salvaterra de Miño denunciaba formalmente ante a Garda Civil de Salvaterra uns actos vandálicos no Ponte Cordeiro que produciron un problema moi grave na captación de auga potable que da servizo ao municipio.

 

Na noite do 16 ao 17 de novembro empezamos a ter  problemas de caudal na entrada de auga do río ao pozo de bombeo, supostamente por atasco. Nese intre fíxose unha inspección e posteriormente para darlle solución ao problema chamouse a unha empresa especializada,  introducindo mangueiras de desatranco entre o río e o pozo de bombeo (traballo que durou ata ás 18.00h), aparecendo unha rede semirríxida no interior das tubarias. A continuación chamouse a Medio Ambiente e a Garda Civil, xa que non hai forma de que entre no sistema se non é coa apertura voluntaria da trampilla de acceso á zona de captación, co cal tratábase dun sabotaxe ao sistema de abastecemento, que produciu que baixara o caudal e que unha parte do Concello quedara sen auga dende ás 12.00h do xoves ata o venres pola mañá (que se recuperou o nivel de auga).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.